domingo, 30 de agosto de 2015

Avaliando por memoria ou por competencias?

A memoria non é unha competencia básica (LOE) nin unha competencia clave (LOMCE); pero é a capacidade máis importante para a avaliación no sistema educativo español. 


Para un alumno ou alumna español, e tamén para os seus pais, un exercicio ou proba na que o alumnado teña que relacionar os contidos para obter uns resultados aplicables a situacións da vida real é motivo de reclamación porque:
  • O profesor non o explicou na clase.
  • Non ven no libro exactamente exposto tal e como se pide no exame.
E claro, así o alumno non puido memorizar a resposta.

No artigo de Ángel Carracedo "Charlando sobre sistemas educativos" sintetízase a situación actual do noso sistema educativo, a pesares de que as múltiples lexislacións educativas coincidan na avaliación por competencias sen incluír a memoria como competencia.

Fíxome gracia que as opinións do profesor inglés coincidiran coas miñas. Ademáis, e ainda que estou dacordo co proxecto lector, creo que tal e como se está a aplicar non se está promovendo a lectura porque para avaliala o alumnado non ten que ler o libro: Teno que chapar!

Engado o enlace ao artigo de Ángel Carracedo que me pareceu interesante:



No hay comentarios: