jueves, 18 de septiembre de 2008

Problema de física

Atopei esta interesante anécdota en Genciencia.
Nun exame, o profesor preguntaba como se podía calcular a altura dun edificio empregando un barómetro.
O alumno respondeu que amarrando unha corda ao barómetro, logo descólgase ata a base do edificio e mídese a corda. A lonxitude despregada da corda é igual á altura do edificio.
O profesor suspendeuno; pero o alumno reclamou porque a resposta era correcta.
¿Merecía o aprobado? ¿Queredes saber quen era ese famoso alumno? Pois seguide lendo.

Vale máis un cinco en xuño que un dez en setembro

Esta afeirmación de José María Gil na Voz de Galicia é evidente. Para os alumnos que queren acceder á Universidade e tamén para os que acceden a ciclos moi demandados, as prazas xa foron dadas e hay que loitar por un número reducido de prazas.
O sistema educativo está deseñado de tal xeito que hay que evitar os suspensos. Un alumno con dificultades de aprendizaxe que suspenda un exame ten que recuperar non un exame, senón unha avaliación completa de varios exames que a veces inclúe tamén exames xa aprobados.
Ademais acumúlanse os exames, a veces dous ou tres exames de recuperación porque ¿como se fai para distribuír os exames normais e de recuperación de máis de dez asignaturas? Non queda máis remedio que poñer dous ou tres exames diarios.
Polo tanto, calquera estudiante debe esforzarse en aprobar o primeiro exame xa que logo vai ser moi dificil afrontar tantas dificultades. Vamos rumbo ao fracaso escolar.

martes, 9 de septiembre de 2008

Os españois non damos a talla a nivel de formación educativa


A metade dos españois só rematou estudios de secundaria obrigatoria. Segundo un informe da OCDE, que recolle a Voz de Galicia, ocupamos o terceiro lugar pola cola dos países da OCDE (México, Portugal e España).
Vai a ser moi dificil que España acade os obxectivos da Unión Europea de incrementar para 2010 a porcentaxe de graduados en ensinanza postobrigatoria ata o 85 %.
Hai algúns profesores que consideran que o seu papel é de xuices máis que de pedagogos, e mentres non cambie a mentalidade van a seguir demostrando o seu poder para expulsar do sistema aos alumnos con algún problema de aprendizaxe.
Dedicando tanto esforzo á avaliación consideran imposible a aplicación de reforzo educativo, así como a impartición de máis da metade das ensinanzas mínimas contempladas no currículo.
¡Ánimo que nos falta pouco para merecer o farolillo vermello!

sábado, 6 de septiembre de 2008

O fracaso escolar

Láiase Celso Currás, exconselleiro de Educación, de que España, cun 31 % de abandono, se sitúe á cabeza do fracaso escolar en Europa.
Busca o problema nas familias, que deben involucrarse máis no estudio dos fillos.
O PP aproveita a ocasión para criticar ao goberno galego polo fracaso escolar.
Eu penso que tamén se debería considerar a cualificación pedagóxica e moral de algúns profesores.

jueves, 4 de septiembre de 2008

Foto da excursión ás Illas Cíes

Os alumnos do IES A Basella subindo ao faro das Cíes.

Esta imaxe atópase en Flickr.