viernes, 30 de mayo de 2008

Problemática ambiental

Na última clase que tiven cos alumnos de 3º de ESO observei un baixo nivel de implicación e o descoñecemento sobre a problemática ambiental.
Normalmente, nas sprogramacións sitúanse os temas ambientais nos últimos temas e dada a precariedade horaria asignada ás Ciencias Naturais, son temas que nunca se chegan a tratar.
Antes había unha asignatura, Ciencias Medioambientais e da Saúde, na que se trataba a problemática ambiental, o problema das drogas, a alimentación saudable e os problemas das enfermidades.
As enfermidades son contempladas no temario de Bioloxía e Xeoloxía; pero non así os outros temas, de xeito que o alumnado da ESO remata sen unha formación de interese fundamental para a súa vida e os seus intereses como cidadán.
Tomo o compromiso de elaborar una serie de actividades interactivas coas cales tratar estes temas nas miñas clases e para que sexan utilizados por outros profesores xa que toda a sociedade vai sair favorecida se os cidadáns son conscientes desta problemática.
De momento poño uns enlaces a documentos que considero que están moi ben para que o noso alumnado adquira un coñecemento básico.
Guía de sensibilización de problemas ambientales.
Buenas prácticas ambientales en colegios.
Decálogo de buenas prácticas en la vida diaria.
Consejos y buenas prácticvas respetuosas con el medio ambiente.
Buenas prácticas ambientales en el hogar. Guía para la gestión de residuos domésticos.
Buenas prácticas ambientales en la vida diaria.
¿Que puedo hacer en mi vida diaria para proteger mi salud y el medio ambiente?
Claves do cambio climático (La Vanguardia).
S.O.S. Cambio climático (El Mundo).
Cambio climáico (Wikipedia)

lunes, 26 de mayo de 2008

Anatomía do corazón


O diario El Mundo ofrécenos unha interesante actividade interactiva sobre o corazón.
Ademáis ábrese unha inteseante sección chamada Código Salud.

jueves, 22 de mayo de 2008

A degradación do sistema educativo español

A LOE elimina as Ciencias, tanto Bioloxía e Xeoloxía como Física e Química, do sistema educativo.
Tal é o caso que na opción científica de 4º de ESO o alumnado pode ter soamente 2 horas semanais (poden escoller entre Física e Química ou Bioloxía e Xeoloxía) ou un máximo de 4 horas se escollen as dúas. Ampliar información.
É dicir, que na opción científica ten tanto ou máis peso a relixión como as Ciencias.
Paréceme patético que se pretenda impartir unha ciencia experimental (prácticas incluídas) con dúas horas semanais e ao mesmo tempo acadar unha apretada programación.
Claro está que, dados os bos resultado do Informe Pisa para Ciencias Naturais en España, os profesores destas áreas saen moi ben cualificados e os teóricos da programación deben considerarnos moi capacitados. De tódolos xeitos, paréceme que o que imos conseguir son uns analfabeto científicos.
E eso considerando que as ciencias son imprescindibles para unha cultura que permite coñecer o propio corpo, interpretar as enfermidades que nos afectan, os problemas ambientais, o mundo que nos rodea, a importancia dunha alimentación sana, a propia sexualidade, os problemas da drogadicción, a problemática ambiental, o desenvolvemento tecnolóxico, ..., é dicir, unha cultura científica é fundamental para acadar unha vida sana e equilibrada e incluso disfrutar da Naturaleza como calidade de vida.
Nun mundo caracterizado polo desenvolvemento social gracias aos avances científicos resulta irónico que as Ciencias teñan tan pouca importancia na formación cultural do pobo español.
Para dúas horas semanais, creo que o mellor sería eliminar totalmente as ciencias do sistema educativo xa que acadarán uns coñecementos sesgados e inapropiados para o seu futuro como persoas adultas. É preferible un descoñecemento total a un coñecemento parcial e deficiente que pode levar a erros e falsas interpretacións.
Negarlle estes coñecementos ás xeracións futuras paréceme un delito.
Como profesor síntome defraudado por participar nun sistema que non ten como finalidade a formación intelectual das persoas senón de constituir un mero trámite burocrático para conceder títulos académicos que non serven para nada, só teñen a finalidade burocrática de seleccionar os individuos que poden continuar estudios profesionais.
Máis información.

miércoles, 21 de mayo de 2008

Anuncio de próximo exame

martes, 20 de mayo de 2008

Materiais curriculares premiados polo MEC

Os materiais curriculares premiados polo MEC recóllense en CDs correspondentes a cada ano. A través de internet pode accederse ao contido dos CDs, ábrese o índice e pode entrarse en cada unha das actividades.
Hai recursos pata tódalas materias.

Como axudar aos fillos nas tarefas de clase

No edublog Las ciencias naturales más divertidas pode baixarse un documento no que se explica o que poden facer os pais para controlar os estudios dos fillos. Como se indica no documento, non é necesario que os pais sepan da materia a estudiar.

lunes, 19 de mayo de 2008

O problema dos novos métodos

domingo, 18 de mayo de 2008

Neumática para Tecnoloxía 4º ESO

Para a materia de Tecnoloxía da ESO atopei estas interesantes actividades interactivas:
Este é un flash
Este é un libro vivo.
Estes son os símbolos dos circuítos neumáticos.

jueves, 15 de mayo de 2008

Consellos para preparar un exame

No portal Estudiantes hai interesnates hai unha sección dedicada ás técnicas de estudio entre as que se atopa o apartado "como preparar un exame".
Como vedes, en internet podemos aprender a estudiar e o método para facer exames.

miércoles, 14 de mayo de 2008

Webquest A saúde e a enfermidade

Esta webquest aínda está en fase de elaboración pero xa se pode traballar nela pulsando aquí.

miércoles, 7 de mayo de 2008

Arde Galicia


Paréceme interesante este traballo presentado en Climantica por un alumno do IES Nº 1 de Ribeira. Curiosamente atópanse nel algunhas imaxes miñas tomadas durante os incendios que asolagaron Galicia fai dous anos.

Entrenamento da velocidade lectora


A Consejería de Educación de Extremadura ten unha actividade educativa interactiva para entrenar a velocidade de lectura. A través dela podedes practicar para aumentar a vosa velocidade lectora coas consecuentes vantaxes.
Fixádevos que é interesante ler por grupos de palabra e non por sílabas.
Márcase a velocidade e hai que intentar conseguir as 600 palabras por minuto.
A Consellería de Extremadura tamén pon a disposición dos alumnos unha serie de actividades educativas. Estas son as de bioloxía e Xeoloxía, pero tamén se pode entrar en outras áreas.

martes, 6 de mayo de 2008

Actividades científicas

Trátase de experimentos que son explicados mediante infografías que se poden ver en Ciencia 2007. Están ordenados polos días do mes e ano.
Tamén conta cun buscador de actividades.
E experimentos.

Libros maravillosos


Interesante colección de libros con temática científica e outros temas. Está en Libros maravillosos.

O funcionamento do corazón


Ver a maior tamaño.

lunes, 5 de mayo de 2008

Mueve el esqueleto


Entretenido ejercicio de mover un esqueleto virtual como si fuese una marionesta

Recortables


Para construir un dinosaurio, el Velociraptor, a partir de recortables.
Otro dinosaurio recortable, el Pterosaurio.
Más dinosarios recortables en Las crónicas de Pabruratops.
Personajes recortables.
Un pingüino.
Otros recotables.
Recortables de xeoloxía.

domingo, 4 de mayo de 2008

Luces de Bohemia

Este foi o título do noso periódico cando participamos no "País de los estudiantes" durante o curso 2006-2007. Eran os alumnos de Ciencias Medioambientais e da Saúde de 3º de ESO.

jueves, 1 de mayo de 2008

Os ecosistemas



Pinchar no medio do libro para abrir en tamaño grande