jueves, 29 de noviembre de 2007

A árbore da vida

En Cosas sencillas descubro unha intereante páxina, a árbore da vida, na que se mostran tódalas especies coñecidas na terra cunha breve descripción e unha foto. A maioría son bacterias, que son os organismos dominantes anque nos vexamos. Pinchando en cada especie mostra unha foto e unha breve descripción.

domingo, 18 de noviembre de 2007

Aparello respiratorio: Caza de tesouros

Caza o tesouro: unha boa nota por un bo traballo sobre o aparello respiratorio.

Axuste de reaccións químicas

Unha presentación en PowerPoint que explica o axuste das reaccións químicas.
Unha calculadora para axustar ecuaciónsquímicas.
Exercicios de axuste de ecuacións químicas.
Exercicios explicados de axuste de ecuacións químicas.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Recortables para Bioloxía e Xeoloxia

Na web El Profe de Ciencias comecei a colocar unha colección de imaxes recortables para construir os elementos dos temas tratados na clase.
Nestes momentos pódense baixar A célula animal, a célula vexetal , o aparello dixestivo e o corazón que tamén se poden baixar pinchando nos enlaces correspondentes deste blog.
En Amago, unha páxina xaponesa, hai recortables para facer unha colección de troitas en papel de diferentes especies e en tres dimensións.

domingo, 11 de noviembre de 2007

Enciclopedias online

Despois do éxito da Wikipedia,á cal se pode acceder na versión galega (Galipedia) desde o buscador situado máis arriba, estanse creando novas enciclopedias como Para Saber, unha enciclopedia de cousas útiles, e Kalipedia, patrocinada pola editorial Santillana.
Hai outras que son anteriores a Wikipedia pero que non acadaron tanto éxito, como Icarito e Enciclonet que agora é de pago igual que Encarta, de Microsoft, ou a Enciclopedia Británica, patrocinada por Salvat en español.
Tamén hai enciclopedias temáticas como a Gran Enciclopedia Aragonesa
Outras pretenden competir con Wikipedia, como Citizendium que de momento só está en lingua inglesa.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Impacto ambiental do turismo en Carreirón

Acceso para descargar as ponencias das IV Xornadas de Educación Ambiental, entre as que se atopa o traballo "Impacto ambiental do turismo no parque de Carreirón e zona de influencia" elaborado polo IES A Basella e que foi merecedor do 1º premio Voz Natura (1ª convocatoria). Trátase dun arquivo zip con tódolo traballos entre os que se atopa o arquivo "Impacto.pdf".
Tamén se pode acceder á páxina de descargas da Consellería de Medio Ambiente.

Folleto da familia profesional de Química

Pinchando neste enlace pode descargarse o folleto da familia profesional de Química, no que se indican as características do ciclo superior de Química ambiental que se imparte no IES A Basella de Vilanova de Arousa,

domingo, 4 de noviembre de 2007

Fichas sobre reciclaxe de materiais dos residuos

En Amigos de la Tierra hai unhas fichas sobre reiclaxe dos materiais contidos nos residuos.

sábado, 3 de noviembre de 2007

O aparello respiratorio

Presentacións Power Point
O aparello respiratorio
O sistema respiratorio.
Enfermidades do aparello respiratorio.
Máis enfermidades do aparello respiratorio.

Actividades en flash
O aparello respiratorio: partes, función e enfermidades.
Partes e funcións do aparello circulatorio, de Ed. Santillana.
O corpo humano: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio, reproductor, locomotor e nervioso.
A respiración.
O proceso de respiración, da enciclopedia online Icarito.
Curiosidades sobre o corpo humano, de Nationa Geografic.

O aparello dixestivo

Presentacións Power Point
O aparello dixestivo: partes e funcións.
A dixestión dos alimentos.

Actividades en flash
O aparello dixestivo: partes, funcións e enfermidades.
Partes e funcións do aparello dixestivo. Da enciclopedia online Icarito.
Aparello dixestivo: Partes e funcións.
A dixestión: Vídeo animado en flash de Pulevasalud.
Partes e funcións do aparello dixestivo.