Mostrando entradas con la etiqueta Quimica ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quimica ambiental. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de septiembre de 2009

Que vai pasar co ciclo de Química Ambiental?

O INCUAL (Instituto Nacional das Cualificacións) ten publicadas as cualificacións profesionais a partir das cales se están a deseñar os ciclos formativos das diferentes familias profesionais. O ciclo de Química Ambiental que se imparte no IES A Basella pertencía á Familia Profesional Química; pero non se atopa no novo listado desta familia.


Víñase falando, desde fai tempo, de que os contidos do ciclo de Química Ambiental se incorporarían á Familia Profesional de Medio Ambiente, pero non necesariamente co mesmo nome. Revisado o INCUAL, estas son as cualificacións da nova familia profesional denominada "Seguridad y Medio Ambiente" que se vai a crear.
As cualificacións estructúranse en tres niveis. O primeiro cunha titulación, o segundo con sete e o terceiro, ou superior, con catro.
Polo tanto este ciclo desaparece e non vai a ser substituído por ningún semellante (xa que os seus contidos distribuiránse en catro titulacións que incorporarán novos contidos). En todo caso haberá que decidir se impartir algún dos novos ciclos da familia química ou da familia de medio ambiente. Ou, tamén, rachar con todo e comezar de novo. Ou incluso quedar sen ningún ciclo.
Así, pois, seguramente este será o último ano en que poida obterse esta titulación que ofrece unha ampla marxe de opcións laborais na xestión ambiental das empresas e outros campos ambientais que nas novas titulacións xa pertencerán á familia profesional de medio ambiente na que as competencias serán distribuidas en varios títulos de dous anos completos. Estamos, pois, ante unha ocasión única e privilexiada para obter un título polivalente respecto dos futuros ciclos formativos.
Fai un ano que intento atoparlle resposta ao futuro deste ciclo e parece ser que non hai ninguén que o saiba, a pesares de que nestes momentos estou participando na elaboración dos deseños curriculares da nova FP e estou en contacto cos máximos dirixentes da reforma. A estas coclusións cheguei pola miña propia conta e risco despois de revisar o INCUAL. Se as miñas conclusións están equivocadas agradecería as correspondentes rectificacións ou opinións.

NOTA: As cualificacións do INCUAL foron definidas polos expertos profesionais das diferentes empresas da familia profesional. Non teñen que transformarse necesariamente en títulos formativos. Esta función correspóndenos aos expertos educativos que, considerando as cualificacións propostas temos que definir os correspondentes títulos que as incorporen. Deste xeito, incluso sería posible (anque o considero pouco probable) que os expertos educativos elaboraran a partir desas cualificacións demandadas polos empresarios un título ou ciclo formativo que se denominara "Química Ambiental". Vistas as cualificacións paréceme máis probable que o seu nome faga referencia á xestión ambiental na empresa e se perda a vinculación coa química. Pero serán os expertos educativos participantes os que o decidan.

domingo, 24 de mayo de 2009

Lei de protección da paisaxe de Galicia

Acceso a un documento do Colexio de Inxeñeiros de Camiños sobre a normativa e outros temas.
Tamén se pode descargar o BOE que recolle a ratificación e o Convenio Europeo da Paisaxe e as bases para a aplicación do convenio en España.
Asimismo pódese descargar un método de valoración da paisaxe costeira proposto polo Departamento de Edafoloxía do Colexio Universitario de Ourense.
E un modelo de ficha de avaliación paisaxística.

jueves, 21 de mayo de 2009

Métodos de análisis de lodos e solos

Podemos descargar un método analítico no que se indican graficamente os procesos para facilitar a realización.

lunes, 30 de junio de 2008

Ciclo superior de Química Ambiental

Aberto o prazo de matrícula para o ciclo superior de Química Ambiental do IES A Basella de Vilanova de Arousa. Formación de técnicos en xestión do Medio Ambiente.
Información no teléfono 986554847

jueves, 1 de mayo de 2008

Os ecosistemas



Pinchar no medio do libro para abrir en tamaño grande

viernes, 11 de enero de 2008

Enerxía xeotérmica

En Biogeomundo hai un esquema e unha explicación de como se utiliza a enerxía xeotérmica.

Vivendas bioclimáticas e aforro enerxético

CS&A é un blog dedicado ás vivendas bioclimáticas e ó aforro enerxético. Recomendable a visita para coñecer os avances técnicos nesta campo.

miércoles, 2 de enero de 2008

Guías de avaliacion de impacto ambiental

En Ingeniero ambiental hai unha lista de estudios de impacto ambiental de diversos tipos de industrias. Non se trata de auténticos estudios de impacto, senón que na maioría dos casos consisten en guías e termos de referencia para elaborar ditos informes. Hai que ter coidado porque os traballos foron elaborados en Sudamérica e teñen formas de expresión propios daquela zona.
Destaco os termos de referencia para industrias de bebidas gaseosas e a Guía para avaliación de impacto ambiental para proxectos de residuos sólidos.

miércoles, 26 de diciembre de 2007

jueves, 20 de diciembre de 2007

Xibraltar é unha chaminea contaminante


Leo con sorpresa en Genciencia que Xibraltar é probablemente o punto da Terra que máis contamina a atmósfera por unidade de superficie.
As emisións de Xibraltar, segundo a fonte sinalada, son de 723.855,878 Tm/km2 e ano, fronte ás 618 de Estados Unidos, as 767 de España ou as 11.756 de Bermudas.
Non me extraña porque xa o petróleo da peor calidade que transportaba o Prestige, e produciu a última marea negra en Galicia, ía dirixido a Xibraltar.
Supoño que os ingleses aproveitan Xibraltar para instalar alí o peor da industria británica.

viernes, 14 de diciembre de 2007

Miniquest sobre a lexislación de vertedoiros


Para acceder á miniquest que elaboramos sobre a lexislación de vertedoiros de residuos pinchar aquí.

martes, 11 de diciembre de 2007

Imos afogar

A Voz de Galicia ofrécenos unha actividade que permite ver como quedaría a nosa cidade ou pobo se o nivel do mar segue a subir ao ritmo actual. O nivel do mar xa estivo máis alto que agora noutros tempos xeolóxicos e a pesares da opinión do primo de Rajoy, os científicos asesores da ONU, de maior categoría, din que de seguir emitindo gases con efecto invernadoiro corremos o risco de inundar as nosas principais cidades.
Para que funcione hay que ter instalado o Google Earth.

Así é como quedaría a Ría de Arousa perdendo milímetro a milímetro a súa superficie terrestre.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Presentacion ciclo

viernes, 9 de noviembre de 2007

Impacto ambiental do turismo en Carreirón

Acceso para descargar as ponencias das IV Xornadas de Educación Ambiental, entre as que se atopa o traballo "Impacto ambiental do turismo no parque de Carreirón e zona de influencia" elaborado polo IES A Basella e que foi merecedor do 1º premio Voz Natura (1ª convocatoria). Trátase dun arquivo zip con tódolo traballos entre os que se atopa o arquivo "Impacto.pdf".
Tamén se pode acceder á páxina de descargas da Consellería de Medio Ambiente.

Folleto da familia profesional de Química

Pinchando neste enlace pode descargarse o folleto da familia profesional de Química, no que se indican as características do ciclo superior de Química ambiental que se imparte no IES A Basella de Vilanova de Arousa,

domingo, 4 de noviembre de 2007

Fichas sobre reciclaxe de materiais dos residuos

En Amigos de la Tierra hai unhas fichas sobre reiclaxe dos materiais contidos nos residuos.

sábado, 27 de octubre de 2007

Guías para elaborar estudios ambientais

O órgano ambiental da Rexión de Murcia ten publicadas 7 guías para a elaboración de estudios ambientais que se poden baixar en formato zip ou pdf. Tamén hai unha parte común que se debe baixar.
Buscar o acceso ás guías na columna central.

viernes, 19 de octubre de 2007

miércoles, 3 de octubre de 2007

Novas ambientais

Os residuos do viño poden reducir o impacto ambiental das minas de pizarra. Nova da Voz de Galicia.
O 75 % dos Españois viven en cidades con aire contaminado. Na Voz de Galicia.
O Ulla e o Umia entre os ríos máis contaminados. Na Voz de Galicia.

jueves, 27 de septiembre de 2007

Medio Ambiente e Economía


Webquest sobre as relacións do Medio Ambiente coa Economía. Pinchar aquí.