sábado, 19 de julio de 2014
Un novo modelo de ensino é posible
Carlos Slim, magnate mexicano e a persos máis rica do mundo neste momento.
sábado, 14 de enero de 2012
Unidades didácticas interactivas
Para facilitarnos este traballo, o MEC pon a disposición do profesorado o Proxecto Biosfera con tódalas unidades correspondentes ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, tanto para ESO como para Bacharelato. Poden ser de gran utilidade tanto para os profesores como para os alumnos. O único problema é que están en castelán e algunhas das materias teñen que ser impartidas en galego.
De tódolos xeitos podemos recomendarllas ao alumnado como material de reforzo.

- Proxecto Newton: Para Física.
- Proxecto Ulloa: Para Química.
- Proxecto Ciceros: Para lingua e literatura castelá.
- Proxecto Gauss: Para matemáticas.
- Proxecto Descartes: Para matemáticas.
- Proxecto Techno: Para Tecnoloxía.
- Unidades didácticas de Filosofía.
- Unidades para Dibujo Técnico.
- Unidades para Plástica.
- Unidades para inglés.
- Unidades para historia.
domingo, 27 de noviembre de 2011
Premio á elaboración de recursos educativos dixitais
A información recóllese na Web da Consellería de Educación.
O noso traballo é unha unidade didáctica sobre a atmosfera terrestre para Ciencias Naturais de primeiro de ESO que pronto vai a estar a disposición do profesorado entre os recursos Abalar.
Esta é a imaxe de familia dos premiados xunto ao Conselleiro, o Director Xeral de Educación e a Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

A noticia foi publicada no número 246 de "A escola do Faro" (de Vigo) do 13 de decembro de 2011.
domingo, 13 de febrero de 2011
Universitarios en apuros para ler e escribir

Persoalmente veño observando que o alumnado de secundaria se atopa con tremendas dificultades cando lle propoño un exercicio de razoamento. Prefiren os exames nos que teñen que memorizar as definicións que, obviamente, responden ao pe da letra como se dunha oración relixiosa se tratara para esquecela ao cabo de poucas horas de rematar o exame.
Este é tamén un aspecto do que se queixan os profesores universitarios: o alumnado chega acostumado a un método memorístico a base de repetir sen facer nada, o que provoca que a aprendizaxe autónoma, que é o pilar do plan Bolonia, non funcione.
O alumnado carece da capacidade de aprender a aprender xa que prefire recibir clases maxistrais como axente pasivo antes que realizar tarefas de aprendizaxe como axente activo da súa propia aprendizaxe.
Para o profesorado tamén resulta desalentador ver como o alumnado perde o tempo ao ser incapaz de realizar as tarefas educativas propostas, ao tempo que parecen esixir a volta aos anticuados sistemas que lle resultan tan cómodos: memorizar uns apuntes e soltalo nun exame. Isto tamén me sucede a min; pero cando non queda máis remedio xa o creo que espabilan.
Non obstante é un dilema a problemática da expresión. Opina o profesorado que antano os universitarios chegaban mellor preparados na área de linguas. Nos meus tempos no bacharelato, as linguas non eran materias que se suspenderan e na actualidade os estudantes teñen tantos problemas para aprobar como antano tiñamos coas matemáticas e a física. Hoxe van a máis clases particulares de linguas que de matemáticas. E o número de horas é como mínimo o dobre do que tiñamos nos meus tempos (castelán e galego). ¿Cómo é posible, logo, que estean peor preparados que nós?
Non o entendo, certamente; pero no artigo indícase un parágrafo no que pode atoparse unha das claves: “o sistema educativo non soubo priorizar o importante e agora atopámonos con que os alumnos teñen dificultade para expresarse, para entender e incluso para razoar”.
Creo que nos meus tempos de estudante as linguas eran moito máis fáciles para aprobar que agora; pero facíamos lecturas de textos curtos que logo analizabamos e interpretabamos para descubrir que é o que quería dicir o autor con aquel texto. Era, polo tanto, unha aprendizaxe non memorística das linguas e na que se aplicaba o principio de aprender realizando tarefas que requirían do razoamento.
Daquela non existían plans lectores nin boas bibliotecas nos centros; pero gustábanos ler e íamos ás bibliotecas das caixas de aforros que eran as mellor dotadas da cidade. Tamén comprabamos e intercambiábamos libros. Quizás hoxe coa televisión e Internet perdeuse aquel hábito de lectura que tiñamos os estudantes. ¿Ou será unha rebelión contra a lectura obrigatoria?
Penso que como profesores de secundaria debemos potenciar a aprendizaxe por proxectos e tarefas xa que está demostrado que o 90 % do memorizado se esquece mentres que se recorda o 60 % do que se fai. É moito máis cómodo chegar a unha clase e soltar un roio que demostra a nosa erudición na materia que cualificar o traballo que realizan ou non os alumnos e alumnas; pero non cabe dúbida de cal é dobremente máis efectivo.
Como lle digo aos meus alumnos do ciclo de Química Ambiental cando se queixan de que os exercicios e exames non consisten en soltar un texto memorizado:
- Cando entres a traballar nunha empresa, o teu xefe non che vai a pedir que lle soltes un roio sobre xestión ambiental, senón que pretenderá que lle xestiones ambientalmente a súa empresa.
Pero para descorrer hai que ter motivación e interese, mentres que chapar é unha función mecánica que podemos gardar nun disco ou nunha chuleta. Hoxe nin sequera ten sentido gardala na memoria do noso cerebro, o que me recorda a sabiduría que encerran as frases de Einstein e Montaigne citadas na entrada anterior deste blog.
Podo buscar unha definición ou unha información en Internet sen plaxiar a ninguén; pero construir ideas propias a partir dos meus coñecementos demostra unha intelixencia superior á do meu ordenador... pero a acumulación de coñecementos illados será tan inutil como un disco duro desorganizado no que resulta imposible atopar nada.
sábado, 5 de febrero de 2011
A sabiduría


miércoles, 2 de febrero de 2011
O fracaso escolar
Como profesor e pai (os profesores tamén somos pais) teño unha hipótese sobre o fracaso escolar que xa fun apuntando en varias entradas deste blog. Certamente a causa non é única, pero entendo que existe un eixo vertebrador do fracaso: as dificultades de aprendizaxe que, por motivos diversos, teñen algúns alumnos. Estudiar é un esforzo e cando o traballo e tempo dedicados ao estudio non son rendibles, os rapaces e rapazas desmotívanse.
A normativa legal establece o principio de inclusividade do sistema educativo, pero a realidade nas aulas móstranos que rexe o principio de exclusividade e que estamos a preparar aos rapaces para que sexan profesores universitarios. A tal fin fixamos un nivel e uns obxectivos tan altos que só poden ser alcanzados por aqueles que teñen un desenvolvemento cerebral moi superior á media correspondente á idade. Neste sentido o profesor convértese nunha especie de xuíz que decide quen pode seguir os estudios e quen ten debe abandonar. En cáseque tódolos institutos hai algún profesor (xeralmente máis de un) ao que non lle aproba en xuño máis alá dun 20 ou 25 %. ¿Quen é o causante desta situación, o alumnado ou o profesor?
Como profesor non entendo como hai algúns compañeiros que só se preocupan de aqueles alumnos que van ben e dedícanse a actividades de ampliación (e de máis nivel) rexeitando as actividades de reforzo por considerar que a súa función é a de preparar a potenciais profesores universitarios (que logo irán ao paro por mor da escasa demanda).
Tampouco entendo que se obrigue a un rapaz ou a unha rapaza a asistir a clase ata os dezaseis anos para devolverllos aos pais, sen ningún título, dicíndolles que os leve para a casa porque non serven para estudiar. ¿Tan malos profesores somos que non fomos capaces de espertar un mínimo de motivación para que obtiveran o título da ESO?
Segundo información de La Voz de Galicia, a Unión Europea suxiriulle a España que se axude aos nenos na súa aprendizaxe evitando as condicións que poidan desencadear o abandono prematuro.
Teño falado con algúns profesores, directores e inspectores e míranme como a un bicho raro e, no mellor dos casos, danme a razón como a un tolo para logo desentenderse do tema.
Aínda que son experto educativo do Ministerio de Educación e en Madrid son moitos os técnicos educativos que están de acordo comigo, xa estaba comezando a pensar que probablemente estaría equivocado, motivo polo cal me resultou alentadora a lectura da opinión firmada por Roberto Blanco Valdés en La Voz de Galicia titulada "El fracaso escolar es un fracaso de España" co que estou de acordo con algúns matices:
- Tamén é un fracaso dos profesores.
- Lengua, lingua e literatura non son asignaturas amables: son unha das principais causas do fracaso escolar na ESO.
- Certamente o nivel dos libros de texto é alto porque deben abarcar as actividades de ampliación; pero non son os libros os que marcan os obxectivos senón o currículo. Pero realmente tén razón Roberto Blanco xa que logo se avalía en base ao nivel do libro e non ao do currículo.
Coincido plenamente con Roberto Blanco en que a mellor forma de desmotivar a un rapaz ou rapaza é fixar un nivel de esixencia que só poden superar os dous ou tres máis capaces.
Non debemos esquecer que o ensino non só ten un caracter propedéutico (base para posteriores estudios) senón tamén terminal (formación cultural da poboación), nin pensar que todos van a ser profesores universitarios ... a maioría terá outro oficio no futuro, e moitos optarán pola formación profesional que, ao fin e ao cabo, é a que máis necesita o noso país para saír da crise do desemprego.
martes, 21 de septiembre de 2010
Reducir contidos para diminuír o fracaso escolar
Afírmase no artigo, cun enlace á noticia, que o Ministerio de Educacion está a estudiar a reducción de contidos que converten á ESO nun sistema de estudios máis dificil que o universitario.
Faltaría por engadir ao mencionado artigo a lista de exames. Un alumno de segundo de ESO, con 12 materias terá que facer cada trimestre un mínimo de 24 exames que, no caso de alumnos con dificultades educativas se convertería en 48. Isto implica que algúns días terán que facer 2 ou 3 exames no mesmo día.
¿E que pasa cos exercicios? Un alumno con exercicios de 12 materias terá que dedicar unhas 4 a 6 horas cada tarde para rematar os traballos. Os que teñan dificultades en algunha materia terán que sumarlle 3 ou 4 horas de clases particulares.
¿E co proxecto lector? Se para cada materia os alumnos teñen que ler un libro por trimestre resulta que lles toca a 12 libros por avaliación ou, o que é o mesmo, un libro por semana cunha dedicación media de unha hora diaria. Consideramos os profesores que a lectura forma parte do lecer, pero facémoslle un exame para comprobar que o libro non só foi lido senón memorizado e interpretado conforme ao punto de vista do profesor. E sei de casos de alumnos que suspenderon o curso por non superar o exame de lectura ao considerar que ista é contido mínimo. Así consta en moitas programacións.
Conforma á aplicación do plan das TIC, teñen que consultar información en Internet para elaborar traballos e informes de cada unha das materias. Se teñen algunha dificultade educativa tamén lle asignamos actividades interactivas de reforzo; e se non a teñen, de ampliación: outra hora diaria.
Así que a xornada laboral dun alumno de segundo de ESO pode acadar as 16 horas diarias: o dobre que as marcadas na normativa laboral dos traballadores. E iso sen considerar os plans e programas que iremos creando de cara ao futuro.
Sabemos os profesores que é fundamental, para acadar un bo rendemento académico, que o alumnado dista idade debe durmir unhas 8-10 horas diarias ¿pero cando? Tamén deberían ter tempo para almorzar, comer, merendar e cear ... fáltanlle horas ao día ...
Para min está claro que a ESO non ten un caracter terminal, como dí a normativa, senón que é un sistema de selección que emprega unha serie de trabas para asegurar que as persoas que a superen teñan moi doado rematar unha carreira universitaria. De feito, hai materias nas que o nivel supera as capacidades medias do desenvolvemento cerebral da idade e os seus contidos se aproximan ao universitario.
Ese tal Ramajuan sería unha lumbreira en matemáticas ... pero teño as miñas dúbidas de que fora capaz de superar a ESO.
Obrigamos aos rapaces a asistir a clase e aos pais a que os manden ... e cando cumpren os 16 ou 18 anos devolvémosllos aos pais dicíndolle que non sirven para "eso".
En fin ... penso que estaría ben esa revisión que se está a discutir no Ministerio.

viernes, 3 de septiembre de 2010
Materiales TIC de Lourdes Luengo

miércoles, 16 de junio de 2010
Absurda selectividad
¿Onde está o espírito científico da nosa xuventude? ¿Onde está a súa capacidade creativa? ¿É acaso a memoria unha capacidade básica? ¿No mundo laboral será suficiente con que os nosos profesionais saiban de carretilla os reis godos ou analizar cláusulas? ¿Imaxinádesvos a un deses profesionais nun quirófano redactando sen pestañar a lista dos osos do corpo humano pero sen saber como se agarra o bisturí?
A teoría pedagóxica vai por un lado e a práctica docente vai por outro ben distinto. E se tódolos países fixeran coma nós, non teríamos persoaxes coma Einstein, Newton, Ramón y Cajal, ... xa que se atoparían as portas pechadas para estudiar o que lles gustaba.
¿É necesario que un bo médico ou un bo científico ou técnico sexa unha enciclopedia ambulante? ... De momento a experiencia demóstranos o contrario. Tamén a sabiduría popular co refrán que di: "quen moito abarca pouco apreta".

domingo, 23 de mayo de 2010
Recursos TIC para 4º de ESO
Na páxina xeral podemos atopar máis recursos.
Recursos premiados para descargar.
sábado, 22 de mayo de 2010
Dí a LOE
Las medidas de atención a la diversidad que adopten los centros estarán orientadas a la consecución de los objetivos de la educación secundaria obligatoria por parte de todo su alumnado y no podrán, en ningún caso, suponer una discriminación que les impida alcanzar dichos objetivos y la titulación correspondiente.
Ley 2/2006 LOE, Art. 22.7
Outro mal estudiante xenial
Estes descubrimentos estano a converter na figura máis importante da investigación científica en Bioloxía e as perspectivas prácticas dos seus traballos son impredecibles, incluso tamén desde o punto de vista negativo polo mal uso que se podería facer destes avances científicos.
O caso é que, ao igual que os maiores xenios da humanidade, foi un mal estudiante que retomou os estudios ao regreso da guerra de Vietnam impresionado polo que alí viviu.
Estou a considerar a hipótese de que os grandes cerebros maduran lentamente, en tanto que o sistema educativo só valora aos que maduran prematuramente.
O cerebro dos monos madura moito máis rápido que o dos humanos e por iso non acadan o mesmo grao de intelixencia.
De momento é unha hipótese que aquí deixo por se alguén quere confirmala ou rebatila mediante a aplicación do método científico.
Quizais si conseguimos retrasar a madureza cerebral dos monos, ¿estes poderían acadar unha intelixencia parella coa humana? De ser certa a miña hipótese, ¿non se poderían lograr seres humanos máis intelixentes retrasando a madureza cerebral?
Pero o que parece evidente é que expulsar do sistema educativo ao alumnado con dificultades de aprendizaxe non semella unha medida intelixente. Exemplos que o demostran abundan.