Mostrando entradas con la etiqueta 3ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3ESO. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de febrero de 2009

jueves, 4 de diciembre de 2008

jueves, 6 de noviembre de 2008

A roda dos alimentos

Actividade interactiva sobre a roda dos alimentos.

sábado, 18 de octubre de 2008

Animacións sobre a reproducción celular

Manuel Antonio Medina elaborou unhas interesantes e pedagóxicas animacións en flash sobre a reproducción celular.

jueves, 4 de septiembre de 2008

Foto da excursión ás Illas Cíes

Os alumnos do IES A Basella subindo ao faro das Cíes.

Esta imaxe atópase en Flickr.

viernes, 30 de mayo de 2008

Problemática ambiental

Na última clase que tiven cos alumnos de 3º de ESO observei un baixo nivel de implicación e o descoñecemento sobre a problemática ambiental.
Normalmente, nas sprogramacións sitúanse os temas ambientais nos últimos temas e dada a precariedade horaria asignada ás Ciencias Naturais, son temas que nunca se chegan a tratar.
Antes había unha asignatura, Ciencias Medioambientais e da Saúde, na que se trataba a problemática ambiental, o problema das drogas, a alimentación saudable e os problemas das enfermidades.
As enfermidades son contempladas no temario de Bioloxía e Xeoloxía; pero non así os outros temas, de xeito que o alumnado da ESO remata sen unha formación de interese fundamental para a súa vida e os seus intereses como cidadán.
Tomo o compromiso de elaborar una serie de actividades interactivas coas cales tratar estes temas nas miñas clases e para que sexan utilizados por outros profesores xa que toda a sociedade vai sair favorecida se os cidadáns son conscientes desta problemática.
De momento poño uns enlaces a documentos que considero que están moi ben para que o noso alumnado adquira un coñecemento básico.
Guía de sensibilización de problemas ambientales.
Buenas prácticas ambientales en colegios.
Decálogo de buenas prácticas en la vida diaria.
Consejos y buenas prácticvas respetuosas con el medio ambiente.
Buenas prácticas ambientales en el hogar. Guía para la gestión de residuos domésticos.
Buenas prácticas ambientales en la vida diaria.
¿Que puedo hacer en mi vida diaria para proteger mi salud y el medio ambiente?
Claves do cambio climático (La Vanguardia).
S.O.S. Cambio climático (El Mundo).
Cambio climáico (Wikipedia)

lunes, 26 de mayo de 2008

Anatomía do corazón


O diario El Mundo ofrécenos unha interesante actividade interactiva sobre o corazón.
Ademáis ábrese unha inteseante sección chamada Código Salud.

miércoles, 21 de mayo de 2008

Anuncio de próximo exame

miércoles, 14 de mayo de 2008

Webquest A saúde e a enfermidade

Esta webquest aínda está en fase de elaboración pero xa se pode traballar nela pulsando aquí.

miércoles, 7 de mayo de 2008

Entrenamento da velocidade lectora


A Consejería de Educación de Extremadura ten unha actividade educativa interactiva para entrenar a velocidade de lectura. A través dela podedes practicar para aumentar a vosa velocidade lectora coas consecuentes vantaxes.
Fixádevos que é interesante ler por grupos de palabra e non por sílabas.
Márcase a velocidade e hai que intentar conseguir as 600 palabras por minuto.
A Consellería de Extremadura tamén pon a disposición dos alumnos unha serie de actividades educativas. Estas son as de bioloxía e Xeoloxía, pero tamén se pode entrar en outras áreas.

martes, 6 de mayo de 2008

domingo, 4 de mayo de 2008

Luces de Bohemia

Este foi o título do noso periódico cando participamos no "País de los estudiantes" durante o curso 2006-2007. Eran os alumnos de Ciencias Medioambientais e da Saúde de 3º de ESO.

jueves, 1 de mayo de 2008

Os ecosistemas



Pinchar no medio do libro para abrir en tamaño grande

sábado, 5 de abril de 2008

Actividades JClic

O Colegio Público Los Campanales da Junta de Andalucía ten unha colección de actividades JClic sobre diversas materias. Anque están destinadas a primaria, algunhas son aplicables en secundaria, como por exemplo a da Reproducción Humana que se adapta bastante ben aos contidos de 3º de ESO.
Recomendable porque tamén podemos modificar e ampliar as actividades para adaptalas ó nivel.

miércoles, 26 de marzo de 2008

Webquest sobre "Os receptores sensoriais"

Elaborei esta webquest sobre os órganos sensoriais para as clases de Bioloxía e Xeoloxía de 3º de ESO
Acceder á webquest

sábado, 15 de marzo de 2008

Concurso do tren


O curso terceiro da ESO B do IES A Basella está participando no concurso "El tren y las energías renovables". O traballo "Un tren de energías renovables" foi admitido como mostra a lista que se pode consultar nesta páxina. O noso traballo é o número 57 dun total de 86 traballos presentados.
Os alumnos están esperando recibir un dos primeiros premios que consistirán nunha consola Wii para cada un. Parece que lles mola máis a consola que as viaxes.
A ver se teñen sorte. Está previsto que se dean a coñecer os gañadores o 10 de abril na mesma páxina do enlace.

lunes, 18 de febrero de 2008

A dixestión intestinal

O intestino xoga un importante papel na dixestión dos alimentos, a pesares da idea que lle queda aos alumnos de que a dixestión se realiza no estómago (idea que ven moi ben para as explicacións aos nenos pequenos; pero que logo permañece como un erro dificil de corrixir).
Pois ben, é no duodeno, na primeira parte do intestino delgado onde verte a bile (producida polo fígado) o zume pancreático (producido polo páncreas) e o zumo intestinal, onde se produce a dixestión das proteínas para reduciala a aminoácidos, dos lípidos para reducilos a glicerol e ácidos graxos, e complétase a dixestión dos glícidos para reducilos a compostos máis simples.
Este debuxo animado axudaranos a comprender mellor a importancia do intestino delgado na dixestión dos alimentos. O esquema representa a fracción do intestino correspondeente ao duodeno, onde se liberan a bile e o zume pancreático.

miércoles, 9 de enero de 2008

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Funcionamento do corazón

jueves, 6 de diciembre de 2007