lunes, 18 de febrero de 2008

A dixestión intestinal

O intestino xoga un importante papel na dixestión dos alimentos, a pesares da idea que lle queda aos alumnos de que a dixestión se realiza no estómago (idea que ven moi ben para as explicacións aos nenos pequenos; pero que logo permañece como un erro dificil de corrixir).
Pois ben, é no duodeno, na primeira parte do intestino delgado onde verte a bile (producida polo fígado) o zume pancreático (producido polo páncreas) e o zumo intestinal, onde se produce a dixestión das proteínas para reduciala a aminoácidos, dos lípidos para reducilos a glicerol e ácidos graxos, e complétase a dixestión dos glícidos para reducilos a compostos máis simples.
Este debuxo animado axudaranos a comprender mellor a importancia do intestino delgado na dixestión dos alimentos. O esquema representa a fracción do intestino correspondeente ao duodeno, onde se liberan a bile e o zume pancreático.

jueves, 14 de febrero de 2008

Consideración da dislexia no desenvolvemento da LOE

A Comunidade Autónoma de Canarias aprobou o desenvolvemento normativo do artigo 7.2 da LOE incorporando pautas para avaliar aos alumnos con dislexia. Poden consultarse neste enlace.

A Asociación Galega de Dislexia (AGADIS)

Existe unha asociación de dislexia de Galicia. Xa ten un ano de vida. A súa presidenta é Carmela Díaz. É importante que os pais de fillos disléxicos se unan a esta asociación para lograr que nos centros educativos se preste atención á discapacidade dos seus fillos, é unha das mellores accións que poden facer por eles, xa que o sistema educativo tende a discriminalos por non posuír os mesmos métodos de aprendizaxe que os rapaces sen esta discapacidade transitoria que soamente lles afecta na idade escolar. Moitos disléxicos teñen un elevado coeficiente intelectual; pero ao ser discriminados pasan a incrementar a lista do fracaso escolar.
Hai un interesante artigo do Ideal Gallego sobre a Asociación de Dislexia de Galicia (AGADIS)

Recollida de firmas para declarar o día nacional da dislexia

A Federación de dislexia está a recoller firmas para solicitar que se declare o 8 de novembro día nacional da dislexia.
Esta discapacidade afecta ao 10 % dos rapaces en idade escolar e se non se aplican as medidas de atención á diversidade de aprendizaxes, eses rapaces acabarán por incorporarse á lista do fracaso escolar.
Ao tratarse dunha discapacidade transitoria que soamente afecta ás persoas na idade escolar, a súa discriminación do sistema educativo provoca que persoas moi intelixentes non poidan desenvolverse profesionalmente.
Hai moitos disléxicos famosos pola súas aportacións ao desenvolvemento da humanidad: Einstein, Tomás Edison, Juan Ramón Jiménez, Ramón y Cajal, Leonardo da Vinci, ...
Penso que apoiar esta causa é unha boa obra. Hai que concienciar á sociedade, especialmente aos profesores, para axudar a estes rapaces.
Firmar