jueves, 30 de septiembre de 2010

Webquest sobre as competencias básicas

Unha longa pero interesante webquest que nos axuda e, sobre todo, aporta ideas para focalizar o noso proceso educativo. Inclúe interesantes documentos pedagóxicos.
Acceso á webquest

Educar ou instruir?

Interesante entrevista que lle fan na televisión brasileira ao especialista en educación Antoni Zabala. Entre outras frases interesantes sinalo as seguintes:

  • O profesor debe ser un educador e non un instructor.
  • Non tén sentido que o sistema educativo estea en función do que poida chegar a ser unha minoría.
  • No proceso educativo débese de dar apoio ao desenvolvemento de todos en función das súas posibilidades.
  • É un erro considerar que os contidos importantes son os que serán esixidos desde a Universidade.


A entrevista ten tres partes, esta é a segunda. Hai outros vídeos nos que Antoni Zabala fala das competencias básicas no ensino.

martes, 28 de septiembre de 2010

martes, 21 de septiembre de 2010

Reducir contidos para diminuír o fracaso escolar

Comparto as opinións do artigo "Ramajuan na ESO" en IES OU NON IES respecto á gran cantidade de materias que teñen que cursar os alumnos e as alumnas de ESO. Normalmente de 10 a 12 que poden acadar ata as 22 no caso de arrastrar pendentes.
Afírmase no artigo, cun enlace á noticia, que o Ministerio de Educacion está a estudiar a reducción de contidos que converten á ESO nun sistema de estudios máis dificil que o universitario.
Faltaría por engadir ao mencionado artigo a lista de exames. Un alumno de segundo de ESO, con 12 materias terá que facer cada trimestre un mínimo de 24 exames que, no caso de alumnos con dificultades educativas se convertería en 48. Isto implica que algúns días terán que facer 2 ou 3 exames no mesmo día.
¿E que pasa cos exercicios? Un alumno con exercicios de 12 materias terá que dedicar unhas 4 a 6 horas cada tarde para rematar os traballos. Os que teñan dificultades en algunha materia terán que sumarlle 3 ou 4 horas de clases particulares.
¿E co proxecto lector? Se para cada materia os alumnos teñen que ler un libro por trimestre resulta que lles toca a 12 libros por avaliación ou, o que é o mesmo, un libro por semana cunha dedicación media de unha hora diaria. Consideramos os profesores que a lectura forma parte do lecer, pero facémoslle un exame para comprobar que o libro non só foi lido senón memorizado e interpretado conforme ao punto de vista do profesor. E sei de casos de alumnos que suspenderon o curso por non superar o exame de lectura ao considerar que ista é contido mínimo. Así consta en moitas programacións.
Conforma á aplicación do plan das TIC, teñen que consultar información en Internet para elaborar traballos e informes de cada unha das materias. Se teñen algunha dificultade educativa tamén lle asignamos actividades interactivas de reforzo; e se non a teñen, de ampliación: outra hora diaria.
Así que a xornada laboral dun alumno de segundo de ESO pode acadar as 16 horas diarias: o dobre que as marcadas na normativa laboral dos traballadores. E iso sen considerar os plans e programas que iremos creando de cara ao futuro.
Sabemos os profesores que é fundamental, para acadar un bo rendemento académico, que o alumnado dista idade debe durmir unhas 8-10 horas diarias ¿pero cando? Tamén deberían ter tempo para almorzar, comer, merendar e cear ... fáltanlle horas ao día ...
Para min está claro que a ESO non ten un caracter terminal, como dí a normativa, senón que é un sistema de selección que emprega unha serie de trabas para asegurar que as persoas que a superen teñan moi doado rematar unha carreira universitaria. De feito, hai materias nas que o nivel supera as capacidades medias do desenvolvemento cerebral da idade e os seus contidos se aproximan ao universitario.
Ese tal Ramajuan sería unha lumbreira en matemáticas ... pero teño as miñas dúbidas de que fora capaz de superar a ESO.
Obrigamos aos rapaces a asistir a clase e aos pais a que os manden ... e cando cumpren os 16 ou 18 anos devolvémosllos aos pais dicíndolle que non sirven para "eso".
En fin ... penso que estaría ben esa revisión que se está a discutir no Ministerio.


viernes, 3 de septiembre de 2010

Materiales TIC de Lourdes Luengo

Lourdes Luengo é unha pioneiro no emprego das TIC no ensino. Últimamente resultaba complicado o acceso ás súas páxinas; pero acabo de atopar a web "materiales TIC de Lourdes Luengo" na que recolle tódalas súas aportacións pedagóxicas.