jueves, 18 de septiembre de 2008

Vale máis un cinco en xuño que un dez en setembro

Esta afeirmación de José María Gil na Voz de Galicia é evidente. Para os alumnos que queren acceder á Universidade e tamén para os que acceden a ciclos moi demandados, as prazas xa foron dadas e hay que loitar por un número reducido de prazas.
O sistema educativo está deseñado de tal xeito que hay que evitar os suspensos. Un alumno con dificultades de aprendizaxe que suspenda un exame ten que recuperar non un exame, senón unha avaliación completa de varios exames que a veces inclúe tamén exames xa aprobados.
Ademais acumúlanse os exames, a veces dous ou tres exames de recuperación porque ¿como se fai para distribuír os exames normais e de recuperación de máis de dez asignaturas? Non queda máis remedio que poñer dous ou tres exames diarios.
Polo tanto, calquera estudiante debe esforzarse en aprobar o primeiro exame xa que logo vai ser moi dificil afrontar tantas dificultades. Vamos rumbo ao fracaso escolar.

No hay comentarios: