Fai algúns días escoitei na radio esta frase de Bertrand Russel: "Sendo neno tiven que abandoar provisionalmente a miña educación para ir á escola".
Estiven buscando a frase en internet porque me interesaba coñecela textualmente e din con algunhas outras frases moi interesantes, como esta: "Gran parte das dificultades polas que atravesa o mundo débense a que os ignorantes están completamente seguros e os intelixentes cheos de dúbidas".
Esta frase confirma o que xa dicía Aristóteles moito antes que él: "Só sei que non sei nada".
Quizáis por eso tamén dícía Russell: "Os científicos esfórzanse por facer posible o imposible e os políticos por facer o posible imposible".
Outra frase de Russell sobre a educación é esta: "O ser humano nace ignorante, non estúpido, faise estúpido pola educación".
Bertrand Russell foi un filósofo, matemático e escritor inglés que recibiu o premio Nobel de Literatura en 1950
3 comentarios:
Mira, ho, o teu fillo non che ten esa enfermidade!!!
Non xulgues e non serás xulgado.
------------------ Xesucristo
Tamén é de Russell estra frase:
"Aínda que os expertos coincidan, poden estar equivocados".
Publicar un comentario