miércoles, 14 de noviembre de 2007

Recortables para Bioloxía e Xeoloxia

Na web El Profe de Ciencias comecei a colocar unha colección de imaxes recortables para construir os elementos dos temas tratados na clase.
Nestes momentos pódense baixar A célula animal, a célula vexetal , o aparello dixestivo e o corazón que tamén se poden baixar pinchando nos enlaces correspondentes deste blog.
En Amago, unha páxina xaponesa, hai recortables para facer unha colección de troitas en papel de diferentes especies e en tres dimensións.

domingo, 11 de noviembre de 2007

Enciclopedias online

Despois do éxito da Wikipedia,á cal se pode acceder na versión galega (Galipedia) desde o buscador situado máis arriba, estanse creando novas enciclopedias como Para Saber, unha enciclopedia de cousas útiles, e Kalipedia, patrocinada pola editorial Santillana.
Hai outras que son anteriores a Wikipedia pero que non acadaron tanto éxito, como Icarito e Enciclonet que agora é de pago igual que Encarta, de Microsoft, ou a Enciclopedia Británica, patrocinada por Salvat en español.
Tamén hai enciclopedias temáticas como a Gran Enciclopedia Aragonesa
Outras pretenden competir con Wikipedia, como Citizendium que de momento só está en lingua inglesa.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Impacto ambiental do turismo en Carreirón

Acceso para descargar as ponencias das IV Xornadas de Educación Ambiental, entre as que se atopa o traballo "Impacto ambiental do turismo no parque de Carreirón e zona de influencia" elaborado polo IES A Basella e que foi merecedor do 1º premio Voz Natura (1ª convocatoria). Trátase dun arquivo zip con tódolo traballos entre os que se atopa o arquivo "Impacto.pdf".
Tamén se pode acceder á páxina de descargas da Consellería de Medio Ambiente.

Folleto da familia profesional de Química

Pinchando neste enlace pode descargarse o folleto da familia profesional de Química, no que se indican as características do ciclo superior de Química ambiental que se imparte no IES A Basella de Vilanova de Arousa,

domingo, 4 de noviembre de 2007

Fichas sobre reciclaxe de materiais dos residuos

En Amigos de la Tierra hai unhas fichas sobre reiclaxe dos materiais contidos nos residuos.

sábado, 3 de noviembre de 2007

O aparello respiratorio

Presentacións Power Point
O aparello respiratorio
O sistema respiratorio.
Enfermidades do aparello respiratorio.
Máis enfermidades do aparello respiratorio.

Actividades en flash
O aparello respiratorio: partes, función e enfermidades.
Partes e funcións do aparello circulatorio, de Ed. Santillana.
O corpo humano: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio, reproductor, locomotor e nervioso.
A respiración.
O proceso de respiración, da enciclopedia online Icarito.
Curiosidades sobre o corpo humano, de Nationa Geografic.

O aparello dixestivo

Presentacións Power Point
O aparello dixestivo: partes e funcións.
A dixestión dos alimentos.

Actividades en flash
O aparello dixestivo: partes, funcións e enfermidades.
Partes e funcións do aparello dixestivo. Da enciclopedia online Icarito.
Aparello dixestivo: Partes e funcións.
A dixestión: Vídeo animado en flash de Pulevasalud.
Partes e funcións do aparello dixestivo.