miércoles, 3 de mayo de 2017

Cultura científica

Na antigüidade mesturábanse a ciencia, a maxia e a relixión. Os druidas celtas eran os coñecedores das propiedades medicinais das plantas que empregaban para curar e realizar feitizos, do movemento dos astros para predicir o futuro e as estacións do ano para planificar os cultivos. Ao tempo,
encargábanse da comunicación cos deuses e os mortos.
Os coñecementos científicos axudáronlle aos pobos a resolver os problemas cotiás: plantas medicinais para curar, emprego dos minerais para fabricar ferramentas e armas, hábitos dos animais para mellorar a caza,...
Os alquimistas eran unha mestura de magos e científicos que fixeron moitos descubrimentos de química intentando atopar a pedra filosofal que, en teoría, permitiría curar as enfermidades e converter calquera material en ouro.
Hoxe sabemos que non existe a pedra filosofal; pero os coñecementos científicos permítennos curar enfermidades, transplantar órganos defectuosos, elaborar productos sintéticos que non existen de forma natural.
Pero a ciencia tamén é maxia. Acaso non é maxia cando falamos con outra persoa que se atopa no outro extremo do mundo mentras vemos a súa imaxe no teléfono móbil? As súas verbas e a súa imaxe están aquí.
Mirade! Ali! Naquela esquina está Messi marcándolle un gol ao Madrid. No vedes? Claro! os nosos 6 órganos dos sentidos non nos permiten ver esa imaxe nin escoitar o que pasa. Pero a ciencia permítenos fabricar aparatos capaces de captar esa imaxe empregando un televisor.
Coa ciencia faise maxia; pero coa maxia non se fai ciencia porque a maxia son trucos científicos que enganan aos nosos órganos dos sentidos para facernos percibir o que non existe.
A ciencia emprega o método científico para atopar unha explicación demostrable aos acontecementos da Natureza,
Actualmente a ciencia forma parte do acervo cultural da humanidade e é . Dí o currículo da LOMCE que "o desenvolvemento social, económico e tecnolóxico dun país, a súa posición nun mundo cada vez máis competitivo e globalizado, así como o benestar da cidadanía na sociedade da información e do coñecemento, dependen directamente da súa formación intelectual e, entre outros factores, da súa cultura científica".
A competencia científica permítelle ás persoas empregar probas e argumentos para interpretar os acontecementos da vida cotiá e tomar decisións baseadas no coñecemento científico.
A materia de Cultura Científica