miércoles, 26 de diciembre de 2007

jueves, 20 de diciembre de 2007

Xibraltar é unha chaminea contaminante


Leo con sorpresa en Genciencia que Xibraltar é probablemente o punto da Terra que máis contamina a atmósfera por unidade de superficie.
As emisións de Xibraltar, segundo a fonte sinalada, son de 723.855,878 Tm/km2 e ano, fronte ás 618 de Estados Unidos, as 767 de España ou as 11.756 de Bermudas.
Non me extraña porque xa o petróleo da peor calidade que transportaba o Prestige, e produciu a última marea negra en Galicia, ía dirixido a Xibraltar.
Supoño que os ingleses aproveitan Xibraltar para instalar alí o peor da industria británica.

viernes, 14 de diciembre de 2007

Miniquest sobre a lexislación de vertedoiros


Para acceder á miniquest que elaboramos sobre a lexislación de vertedoiros de residuos pinchar aquí.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Funcionamento do corazón

martes, 11 de diciembre de 2007

Imos afogar

A Voz de Galicia ofrécenos unha actividade que permite ver como quedaría a nosa cidade ou pobo se o nivel do mar segue a subir ao ritmo actual. O nivel do mar xa estivo máis alto que agora noutros tempos xeolóxicos e a pesares da opinión do primo de Rajoy, os científicos asesores da ONU, de maior categoría, din que de seguir emitindo gases con efecto invernadoiro corremos o risco de inundar as nosas principais cidades.
Para que funcione hay que ter instalado o Google Earth.

Así é como quedaría a Ría de Arousa perdendo milímetro a milímetro a súa superficie terrestre.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Presentacion ciclo

jueves, 6 de diciembre de 2007

O sistema nervioso

Informe Pisa completo

O informe PISA (Programa Internacional para a Avaliación dos Alumnos) é unha análise comparativa sobre o nivel educativo nas áreas de matemáticas, comprensión lectora e ciencias.
En este enlace do diario O País pódese baixar o informe Pisa completo en formato PDF.
Os mellores resultados a nivel nacional acadaronse en Ciencias, aínda que estamos por debaixo da media europea: 488 puntos en España fronte aos 500 da Unión Europea. Pero en Galicia superamos a media eropea con 505 puntos.
En matemáticas, Galicia acada prácticamente a media europea con 494 puntos superando a media nacional de 480 puntos
Os resultados non son tan bos en comprensión lectora, se ben Galicia con 479 puntos supera á media nacional de 461 puntos fronte aos 500 da Unión Europea.
Finlandia e Hong Kong lideran a lista cuns 550 puntos.

O informe Pisa

Non é unha broma, pero ...

miércoles, 5 de diciembre de 2007

jueves, 29 de noviembre de 2007

A árbore da vida

En Cosas sencillas descubro unha intereante páxina, a árbore da vida, na que se mostran tódalas especies coñecidas na terra cunha breve descripción e unha foto. A maioría son bacterias, que son os organismos dominantes anque nos vexamos. Pinchando en cada especie mostra unha foto e unha breve descripción.

domingo, 18 de noviembre de 2007

Aparello respiratorio: Caza de tesouros

Caza o tesouro: unha boa nota por un bo traballo sobre o aparello respiratorio.

Axuste de reaccións químicas

Unha presentación en PowerPoint que explica o axuste das reaccións químicas.
Unha calculadora para axustar ecuaciónsquímicas.
Exercicios de axuste de ecuacións químicas.
Exercicios explicados de axuste de ecuacións químicas.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Recortables para Bioloxía e Xeoloxia

Na web El Profe de Ciencias comecei a colocar unha colección de imaxes recortables para construir os elementos dos temas tratados na clase.
Nestes momentos pódense baixar A célula animal, a célula vexetal , o aparello dixestivo e o corazón que tamén se poden baixar pinchando nos enlaces correspondentes deste blog.
En Amago, unha páxina xaponesa, hai recortables para facer unha colección de troitas en papel de diferentes especies e en tres dimensións.

domingo, 11 de noviembre de 2007

Enciclopedias online

Despois do éxito da Wikipedia,á cal se pode acceder na versión galega (Galipedia) desde o buscador situado máis arriba, estanse creando novas enciclopedias como Para Saber, unha enciclopedia de cousas útiles, e Kalipedia, patrocinada pola editorial Santillana.
Hai outras que son anteriores a Wikipedia pero que non acadaron tanto éxito, como Icarito e Enciclonet que agora é de pago igual que Encarta, de Microsoft, ou a Enciclopedia Británica, patrocinada por Salvat en español.
Tamén hai enciclopedias temáticas como a Gran Enciclopedia Aragonesa
Outras pretenden competir con Wikipedia, como Citizendium que de momento só está en lingua inglesa.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Impacto ambiental do turismo en Carreirón

Acceso para descargar as ponencias das IV Xornadas de Educación Ambiental, entre as que se atopa o traballo "Impacto ambiental do turismo no parque de Carreirón e zona de influencia" elaborado polo IES A Basella e que foi merecedor do 1º premio Voz Natura (1ª convocatoria). Trátase dun arquivo zip con tódolo traballos entre os que se atopa o arquivo "Impacto.pdf".
Tamén se pode acceder á páxina de descargas da Consellería de Medio Ambiente.

Folleto da familia profesional de Química

Pinchando neste enlace pode descargarse o folleto da familia profesional de Química, no que se indican as características do ciclo superior de Química ambiental que se imparte no IES A Basella de Vilanova de Arousa,

domingo, 4 de noviembre de 2007

Fichas sobre reciclaxe de materiais dos residuos

En Amigos de la Tierra hai unhas fichas sobre reiclaxe dos materiais contidos nos residuos.

sábado, 3 de noviembre de 2007

O aparello respiratorio

Presentacións Power Point
O aparello respiratorio
O sistema respiratorio.
Enfermidades do aparello respiratorio.
Máis enfermidades do aparello respiratorio.

Actividades en flash
O aparello respiratorio: partes, función e enfermidades.
Partes e funcións do aparello circulatorio, de Ed. Santillana.
O corpo humano: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio, reproductor, locomotor e nervioso.
A respiración.
O proceso de respiración, da enciclopedia online Icarito.
Curiosidades sobre o corpo humano, de Nationa Geografic.

O aparello dixestivo

Presentacións Power Point
O aparello dixestivo: partes e funcións.
A dixestión dos alimentos.

Actividades en flash
O aparello dixestivo: partes, funcións e enfermidades.
Partes e funcións do aparello dixestivo. Da enciclopedia online Icarito.
Aparello dixestivo: Partes e funcións.
A dixestión: Vídeo animado en flash de Pulevasalud.
Partes e funcións do aparello dixestivo.

domingo, 28 de octubre de 2007

Técnicas de estudio

Técnicas de estudio é unha interesante web na que se explican unha variedade de aspectos que nos poden axudar no noso estudio: memorización, lectura rápida, vocabulario, concentración, etc.

sábado, 27 de octubre de 2007

Guías para elaborar estudios ambientais

O órgano ambiental da Rexión de Murcia ten publicadas 7 guías para a elaboración de estudios ambientais que se poden baixar en formato zip ou pdf. Tamén hai unha parte común que se debe baixar.
Buscar o acceso ás guías na columna central.

sábado, 20 de octubre de 2007

Os elementos químicos

Actividade do CNICE para coñecer os elementos químicos da táboa periódica.

Alimentación e nutrición

Actividades interactivas do CNICE sobre alimentación e nutrición para 3º de ESO.

viernes, 19 de octubre de 2007

jueves, 18 de octubre de 2007

Ciencias e Bioloxía de ESO

Aula 2005 contén interesantes temas sobre Ciencias Naturais e Bioloxía e Xeoloxia de ESO.

Miniquest do tema 1


Esta miniquest trata dos órganos, sistemas e aparellos do corpo humano, e nela tamén se fai un repaso da célula e dos niveis de organización da materia.

viernes, 12 de octubre de 2007

Miniquest para coñecer aos teus alumnos

Trátase de diferenciar o sistema de aprendizaxe que mellor lles vai, distinguind aos auditivos dos visuais. Deste xeito pódese planificar o mellor sistema de ensino-aprendizaxe para cada grupo. Pinchar aquí.

lunes, 8 de octubre de 2007

Apuntes e exercicios de química.


Formulación, nomenclatura e reaccións químicas. Pincha aquí.
Materiais de Física e Química para 4º da ESO. Pincha aquí.
Documento que explica a formulación inorgánica. Pincha aquí.

Nomenclatura e formulación química

Anque está en catalán, vale a pena realizar estas actividades JClic de formulación

Os aparellos do corpo humano


Webquest sobre os aparellos do corpo humano. Pinchar aquí.

Tecidos e órganos

Webquest sobre histoloxía e organografía. Pincha aquí.

O maior diccionario do Mundo

A través de Lingoz, Babylon pretende crear o maior diccionario do Mundo. Trátase, polo de aora, dun diccionario en oito idiomas: español, inglés, francés, alemán, portugués, italiano, holandés e hebreo. Os usuarios poden engadir e votar as definicións. Tamén para consultar, claro está.

Mapas en branco

En Blankmap poden descargarse os mapas en branco dos diferentes países do mundo ou un mapamundi. De utilidade para as clases de xeografía e historia, así como para traballos nos que necesitemos utilizar mapas.
Como exemplo o mapa de España.

miércoles, 3 de octubre de 2007

Novas ambientais

Os residuos do viño poden reducir o impacto ambiental das minas de pizarra. Nova da Voz de Galicia.
O 75 % dos Españois viven en cidades con aire contaminado. Na Voz de Galicia.
O Ulla e o Umia entre os ríos máis contaminados. Na Voz de Galicia.

sábado, 29 de septiembre de 2007

Humor educativo

Webquests educativas

A célula

jueves, 27 de septiembre de 2007

Formulación química


Formulación química para a ESO
Para aprender a formular, paso a paso, de forma sinxela os compostos inorgánicos.
Pincha aquí para acceder.
Outra páxina interesante é Formulación en química inorgánica.
Exercicios JClic de Formulación e nomenclatura en Química Inorgánica. Está en catalán; pero enténdese ben.
Tamén está ben esta páxina.
Nesta outra pos una fórmula e diche que nomes ten

Actividades JClic


Listado de actividades educativas interactivas con JClic para Ciencias Experimentales de la ESO. Pinchar aquí.

Lista de webquests


Listado de webquest, miniquest e cazatesouros en phpwebquest.

Aparato respiratorio


Miniquest sobre o aparato respiratorio. Pinchar aquí.

Medio Ambiente e Economía


Webquest sobre as relacións do Medio Ambiente coa Economía. Pinchar aquí.

Os residuos


Webquest sobre os residuos urbanos.
Pinchar aquí.

miércoles, 26 de septiembre de 2007

Aparato dixestivo


Cazatesouros sobre o aparato dixestivo.
Pincha aquí.

Alimentación


Webquest sobre alimentación humana. Pincha aquí.

O sangue


Pincha aquí para entrar na webquest.

A célula


Miniquest sobre a célula para Bioloxía e Xeoloxía de 3º de ESO.
Pinchar aquí para entrar