viernes, 28 de noviembre de 2008

Eliminar as normas de ortografía

Esta é unha proposta do académico e escritor Gabriel García Márquez que xa foi proposta no primeiro Congreso Internacional da Lingua Española celebrado en Zacatecas (México) en 1997.
O tema foi recuperado no XIII Congreso da Asociación das Academias da Lingua Española.
Como resultado estanse a elaborar novas normas de ortografía.
Segundo informa El País, o director da Academia Chilena da Lingua, Alfredo Matús, estes cambios estanse a facer con moita cautela porque hai que ser respectuosos coa tradición, máis ainda cando non hai estudios científicos que demostren que a actual ortografía distorsione a aprendizaxe do idioma.
Gabriel García Márquez propuxo a desaparición do hache, a unificación dos bes e os uves, j e g, etc. Deste xeito non acontecería o ridículo que tivo que soportar a ministra de educación cando lle entregaron a carteira do seu ministerio e que está recollido no seguinte vídeo. Atención ao texto dourado na carteira que intenta tapar a ministra saínte cando se percatou do erro ortográfico.



Antonio Casto que penalizar a un disléxico ou a un disgráfico polas súas faltas de ortografía é como poñerlle unha zancadilla a un coxo polo feito de ser coxo. Tamén dí que "a calidade dun escritor é a calidade do seu pensamento e ninguén comete faltas de ortografía cando pensa".
De feito hai escritores famosos disléxicos como o premio Nóbel Juan Ramón Jiménez e a escritora de "bestsellers" Agatha Christie. Tamén foron disléxico os escritores Bernard Shaw, Kipling, Hans Christian Andersen, Ernest Hemingway, ...
Tamén citar aos máis importantes científicos: Newton, Einstein, Edison, Galileo, Darwin, Pasteur, Ramón y Cajal, ...
Porque, como tamén dí o escritor Antonio Castro:
"La sabiduría y la soberbia están totalmente reñidas, y el sabio necesariamente ha de ser humilde y tolerante. El que escribe debe poner mucho de su parte, porque lo que escribe va destinado a muchos, pero si el que lee no pone nada de la suya, será difícil que asimile gran cosa, porque el sabio aprende incluso de necio, pero el necio no aprenderá ni siquiera del sabio."
O actual sistema educativo español discrimina aos disléxicos. Ben é certo que non todos son lumbreras; pero por se acaso, hai que evitar que ningún disléxico chegue a destacar porque non podemos permitir que haxa grandes pensadores que escriban con faltas de ortografía. Os españois somos soberbios e consideramos que é mellor un texto literariamente perfecto na súa forma que un bo pensamento ou idea. Ademáis as ideas son perigosas: poden incluso propoñer o cambiar a ortografía.

lunes, 17 de noviembre de 2008

jueves, 6 de noviembre de 2008

A roda dos alimentos

Actividade interactiva sobre a roda dos alimentos.