Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias da terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias da terra. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de mayo de 2008

Problemática ambiental

Na última clase que tiven cos alumnos de 3º de ESO observei un baixo nivel de implicación e o descoñecemento sobre a problemática ambiental.
Normalmente, nas sprogramacións sitúanse os temas ambientais nos últimos temas e dada a precariedade horaria asignada ás Ciencias Naturais, son temas que nunca se chegan a tratar.
Antes había unha asignatura, Ciencias Medioambientais e da Saúde, na que se trataba a problemática ambiental, o problema das drogas, a alimentación saudable e os problemas das enfermidades.
As enfermidades son contempladas no temario de Bioloxía e Xeoloxía; pero non así os outros temas, de xeito que o alumnado da ESO remata sen unha formación de interese fundamental para a súa vida e os seus intereses como cidadán.
Tomo o compromiso de elaborar una serie de actividades interactivas coas cales tratar estes temas nas miñas clases e para que sexan utilizados por outros profesores xa que toda a sociedade vai sair favorecida se os cidadáns son conscientes desta problemática.
De momento poño uns enlaces a documentos que considero que están moi ben para que o noso alumnado adquira un coñecemento básico.
Guía de sensibilización de problemas ambientales.
Buenas prácticas ambientales en colegios.
Decálogo de buenas prácticas en la vida diaria.
Consejos y buenas prácticvas respetuosas con el medio ambiente.
Buenas prácticas ambientales en el hogar. Guía para la gestión de residuos domésticos.
Buenas prácticas ambientales en la vida diaria.
¿Que puedo hacer en mi vida diaria para proteger mi salud y el medio ambiente?
Claves do cambio climático (La Vanguardia).
S.O.S. Cambio climático (El Mundo).
Cambio climáico (Wikipedia)

jueves, 1 de mayo de 2008

Os ecosistemas



Pinchar no medio do libro para abrir en tamaño grande

miércoles, 2 de enero de 2008

A páxina da Ciencia


Na Páxina da Ciencia hai unha serie de experimentos sinxelos sobre as seguintes materias: bioloxía, física, química, astronomía e outros proxectos. Recoméndase visitala.

martes, 11 de diciembre de 2007

Imos afogar

A Voz de Galicia ofrécenos unha actividade que permite ver como quedaría a nosa cidade ou pobo se o nivel do mar segue a subir ao ritmo actual. O nivel do mar xa estivo máis alto que agora noutros tempos xeolóxicos e a pesares da opinión do primo de Rajoy, os científicos asesores da ONU, de maior categoría, din que de seguir emitindo gases con efecto invernadoiro corremos o risco de inundar as nosas principais cidades.
Para que funcione hay que ter instalado o Google Earth.

Así é como quedaría a Ría de Arousa perdendo milímetro a milímetro a súa superficie terrestre.

jueves, 27 de septiembre de 2007

Medio Ambiente e Economía


Webquest sobre as relacións do Medio Ambiente coa Economía. Pinchar aquí.

Os residuos


Webquest sobre os residuos urbanos.
Pinchar aquí.