domingo, 12 de diciembre de 2010

Visionario das TICs

Esta entrevista a Isaac Asimov foi realizada cando aínda non existía Internet... pero este visionario dos avances científicos xa tiña clara a utilidade da ferramenta informática como medio para facilitar a consecución dos obxectivos da formación.
Impresionoume a clarividencia de Asimov considerando que aínda hai bastantes persoas que teñen dúbidas da eficacia do emprego deste medio de transmisión do coñecemento. Supoño que dúbidas similares se deberon de presentar respecto dos libros cando Gútemberg inventou a imprenta, por iso se inventou a censura, se potenciou a Inquisición e se queimaron tantos libros ... e autores.

jueves, 30 de septiembre de 2010

Webquest sobre as competencias básicas

Unha longa pero interesante webquest que nos axuda e, sobre todo, aporta ideas para focalizar o noso proceso educativo. Inclúe interesantes documentos pedagóxicos.
Acceso á webquest

Educar ou instruir?

Interesante entrevista que lle fan na televisión brasileira ao especialista en educación Antoni Zabala. Entre outras frases interesantes sinalo as seguintes:

  • O profesor debe ser un educador e non un instructor.
  • Non tén sentido que o sistema educativo estea en función do que poida chegar a ser unha minoría.
  • No proceso educativo débese de dar apoio ao desenvolvemento de todos en función das súas posibilidades.
  • É un erro considerar que os contidos importantes son os que serán esixidos desde a Universidade.


A entrevista ten tres partes, esta é a segunda. Hai outros vídeos nos que Antoni Zabala fala das competencias básicas no ensino.

martes, 28 de septiembre de 2010

martes, 21 de septiembre de 2010

Reducir contidos para diminuír o fracaso escolar

Comparto as opinións do artigo "Ramajuan na ESO" en IES OU NON IES respecto á gran cantidade de materias que teñen que cursar os alumnos e as alumnas de ESO. Normalmente de 10 a 12 que poden acadar ata as 22 no caso de arrastrar pendentes.
Afírmase no artigo, cun enlace á noticia, que o Ministerio de Educacion está a estudiar a reducción de contidos que converten á ESO nun sistema de estudios máis dificil que o universitario.
Faltaría por engadir ao mencionado artigo a lista de exames. Un alumno de segundo de ESO, con 12 materias terá que facer cada trimestre un mínimo de 24 exames que, no caso de alumnos con dificultades educativas se convertería en 48. Isto implica que algúns días terán que facer 2 ou 3 exames no mesmo día.
¿E que pasa cos exercicios? Un alumno con exercicios de 12 materias terá que dedicar unhas 4 a 6 horas cada tarde para rematar os traballos. Os que teñan dificultades en algunha materia terán que sumarlle 3 ou 4 horas de clases particulares.
¿E co proxecto lector? Se para cada materia os alumnos teñen que ler un libro por trimestre resulta que lles toca a 12 libros por avaliación ou, o que é o mesmo, un libro por semana cunha dedicación media de unha hora diaria. Consideramos os profesores que a lectura forma parte do lecer, pero facémoslle un exame para comprobar que o libro non só foi lido senón memorizado e interpretado conforme ao punto de vista do profesor. E sei de casos de alumnos que suspenderon o curso por non superar o exame de lectura ao considerar que ista é contido mínimo. Así consta en moitas programacións.
Conforma á aplicación do plan das TIC, teñen que consultar información en Internet para elaborar traballos e informes de cada unha das materias. Se teñen algunha dificultade educativa tamén lle asignamos actividades interactivas de reforzo; e se non a teñen, de ampliación: outra hora diaria.
Así que a xornada laboral dun alumno de segundo de ESO pode acadar as 16 horas diarias: o dobre que as marcadas na normativa laboral dos traballadores. E iso sen considerar os plans e programas que iremos creando de cara ao futuro.
Sabemos os profesores que é fundamental, para acadar un bo rendemento académico, que o alumnado dista idade debe durmir unhas 8-10 horas diarias ¿pero cando? Tamén deberían ter tempo para almorzar, comer, merendar e cear ... fáltanlle horas ao día ...
Para min está claro que a ESO non ten un caracter terminal, como dí a normativa, senón que é un sistema de selección que emprega unha serie de trabas para asegurar que as persoas que a superen teñan moi doado rematar unha carreira universitaria. De feito, hai materias nas que o nivel supera as capacidades medias do desenvolvemento cerebral da idade e os seus contidos se aproximan ao universitario.
Ese tal Ramajuan sería unha lumbreira en matemáticas ... pero teño as miñas dúbidas de que fora capaz de superar a ESO.
Obrigamos aos rapaces a asistir a clase e aos pais a que os manden ... e cando cumpren os 16 ou 18 anos devolvémosllos aos pais dicíndolle que non sirven para "eso".
En fin ... penso que estaría ben esa revisión que se está a discutir no Ministerio.


viernes, 3 de septiembre de 2010

Materiales TIC de Lourdes Luengo

Lourdes Luengo é unha pioneiro no emprego das TIC no ensino. Últimamente resultaba complicado o acceso ás súas páxinas; pero acabo de atopar a web "materiales TIC de Lourdes Luengo" na que recolle tódalas súas aportacións pedagóxicas.

miércoles, 16 de junio de 2010

Absurda selectividad

"Absurda selectividad" é un artigo publicado por Ignacio Bermúdez de Castro en La Voz de Galicia co cal estou totalmente de acordo. Estamos a converter o sistema educativo nunha selección dos alumnos con máis capacidade memorística e o profesorado está a actuar máis de xuíz que de docentes.
¿Onde está o espírito científico da nosa xuventude? ¿Onde está a súa capacidade creativa? ¿É acaso a memoria unha capacidade básica? ¿No mundo laboral será suficiente con que os nosos profesionais saiban de carretilla os reis godos ou analizar cláusulas? ¿Imaxinádesvos a un deses profesionais nun quirófano redactando sen pestañar a lista dos osos do corpo humano pero sen saber como se agarra o bisturí?
A teoría pedagóxica vai por un lado e a práctica docente vai por outro ben distinto. E se tódolos países fixeran coma nós, non teríamos persoaxes coma Einstein, Newton, Ramón y Cajal, ... xa que se atoparían as portas pechadas para estudiar o que lles gustaba.
¿É necesario que un bo médico ou un bo científico ou técnico sexa unha enciclopedia ambulante? ... De momento a experiencia demóstranos o contrario. Tamén a sabiduría popular co refrán que di: "quen moito abarca pouco apreta".

domingo, 23 de mayo de 2010

Recursos TIC para 4º de ESO

Nas páxinas do Ministerio de Educación atópase un interesante grupo de actividades para a ESO.
Na páxina xeral podemos atopar máis recursos.
Recursos premiados para descargar.

sábado, 22 de mayo de 2010

Dí a LOE

Las medidas de atención a la diversidad que adopten los centros estarán orientadas a la consecución de los objetivos de la educación secundaria obligatoria por parte de todo su alumnado y no podrán, en ningún caso, suponer una discriminación que les impida alcanzar dichos objetivos y la titulación correspondiente.

Ley 2/2006 LOE, Art. 22.7

Outro mal estudiante xenial

Craig Venter acadou a fama por descubrir a secuenciación do xenoma humano. Estes días acaba de publicar outro gran avance na Bioloxía: sintetizou o xenoma dunha bacteria e introduciuno noutra logrando así unha bacteria con xenoma sintético. Agora o seu obxectivo é crear vida artificial: unha bacteria totalmente sintética.


Estes descubrimentos estano a converter na figura máis importante da investigación científica en Bioloxía e as perspectivas prácticas dos seus traballos son impredecibles, incluso tamén desde o punto de vista negativo polo mal uso que se podería facer destes avances científicos.
O caso é que, ao igual que os maiores xenios da humanidade, foi un mal estudiante que retomou os estudios ao regreso da guerra de Vietnam impresionado polo que alí viviu.
Estou a considerar a hipótese de que os grandes cerebros maduran lentamente, en tanto que o sistema educativo só valora aos que maduran prematuramente.
O cerebro dos monos madura moito máis rápido que o dos humanos e por iso non acadan o mesmo grao de intelixencia.
De momento é unha hipótese que aquí deixo por se alguén quere confirmala ou rebatila mediante a aplicación do método científico.
Quizais si conseguimos retrasar a madureza cerebral dos monos, ¿estes poderían acadar unha intelixencia parella coa humana? De ser certa a miña hipótese, ¿non se poderían lograr seres humanos máis intelixentes retrasando a madureza cerebral?
Pero o que parece evidente é que expulsar do sistema educativo ao alumnado con dificultades de aprendizaxe non semella unha medida intelixente. Exemplos que o demostran abundan.

lunes, 19 de abril de 2010

Traballos plaxiados?

Non hai problema para detectar de onde foron copiados e pegados os fragmentos dos traballos plaxiados. A tal fin existe un servicio gratuíto "on line" que nos informa de onde saíron as copias. Hai que rexistrarse, subir o documento a revisar e comprobar se foi copiado.
Admite calquera tipo de documento e indícanos onde se atopa o orixinal.
Esta utilidade chámase Approbo e é española.
Tamén hai programas que podemos instalar no ordenador; pero a novidade de Approbo é que non necesitamos instalala no ordenador.
Doccop é outra aplicación "on line" para comparar plaxios nos textos.

domingo, 18 de abril de 2010

Proxecto educativo: estudio da paisaxe

Elementos da paisaxe é unha mestura entre presentación, Webquest sobre a paisaxe, actividades interactivas e un traballo sobre a paisaxe. Tamén os rapaces e as rapazas de terceiro de ESO aprenden algo sobre fotografía. O resultado final publicarase nos seus blogs de clase; pero tamén se pode facer unha exposición de fotografías do concello.
Se ben é unha actividade deseñada para Bioloxxía e Xeoloxía de terceiro de ESO, pode empregarse a niveis máis baixos porque as actividades son sinxelas. Tamèn pode ser útil para Coñecemento do Medio e Ciencias Sociais onde se estudia a paisaxe.

domingo, 3 de enero de 2010

O conflicto do idioma chega ás aulas

Falando con propiedade, non chega senón que se potencia. O idioma é un dos principais bastións da identidade nacional. Como galegos deberíamos sentirnos orgullosos do noso idioma e da nosa cultura; pero non é así en tódolos casos.
Por esta razón, dependendo de quen goberna, quéreselle impoñer ao resto dos cidadáns os criterios e puntos de vista do poder.
Non creo que as imposicións de un ou do outro lado favorezan para nada a defensa do noso idioma.
Mellor dito: non creo que a imposición do galego favoreza o seu uso. De feito aí o vemos na actitude da xuventude que se decanta por falar en castelán nunha época na que a formación en ligua galega é a máis alta da historia. Tampouco me parece lóxico que a lingua galega sexa a materia máis dificil do currículo educativo, superando ás tradicionais matemáticas. Non comparto a idea de que unha materia ou un profesor teñan máis méritos por ser os que máis suspenden. Ao contrario: un bo profesor é aquel que consegue que a meirande parte dos seus alumnos e alumnas acaden os obxectivos pedagóxicos.
Por certo, algo falla na pedagoxía das linguas cando con tantas horas de clases similares (a gramática galega, castelá ou de calquera outro idioma teñen aspectos coincidentes) o alumnado é incapaz de expresarse oral e verbalmente con corrección gramatical. Quizás os obxectivos non están adaptados ao desenvolvemento mental correspondente á idade.
Pola contra, creo que a actitude do goberno actual fará xurdir un sentido nacionalista de defensa do galego, tal como ocorreu na época da dictadura franquista. Foron moitas as agresións que sufriu a nosa lingua ao longo da historia; pero nunca estivo en tanto perigo como na época actual na que ata nas aldeas os rapaces que estudian en galego na escola, ao saír da clase falan en castelán entre eles. Non foron as agresións contra o galego as causa desta perda de galegofalantes, senón a imposición e a exaltación que non buscaba seducir aos rapaces para que falaran galego, senón convertela na materia máis difícil de aprobar.
Como profesor o asunto aféctame porque levo varios anos preparando os meus materiais pedagóxicos en galego e adaptándome ás novas tecnoloxías. ¿Terei que pasarme o traballo de traducilo ao castelán e ao inglés en función da opinión dos pais segundo as consultas periódicas que se fagan aos pais? ¡Menuda coña!
É tamén afirmar que dou as miñas clases en galego porque me da a gana. Non porque a normativa así o establece. Que eso é outra: sempre considerei que o idioma no que se imparte unha clase debería de formar parte da liberdade de cátedra. Eu non teño problema en aclararlle a un alumno unha cuestión en castelán se así o entende mellor: forma parte da atención á diversidade.
Sempre fun da opinión, e así o discutín en varias ocasións, de que para lograr que os profesores impartiran as súas clases en galego o había que facer con estímulos positivos e non con castigos, sancións e persecucións. Vexo que esta idea foi adoptada polo presidente da Xunta como medida para estimular o ensino en inglés. Veredes como ten máis éxito que a imposición das clases en galego. Xa vexo a gran parte do profesorado asistindo a clases de inglés para atreverse.
Certamente hai outras causas, esta non é a única. A globalización, a europeización, Internet, ... A globalización é un perigo para as linguas minoritarias e non tan minoritarias. O inglés estase a impoñer no mundo occidental e só o castelán lle fai fronte. Nesta situación o resto das linguas están en franca desvantaxe.
¿É a solución impoñer o idioma minoritario a ultranza e darlle importancia converténdoo na materia máis difícil? Ou, pola contra, ¿non sería mellor un reforzo positivo que seducira aos galegos para sentirse orgullosos de falar unha lingua propia e cunha historia quizáis máis longa que a da lingua castelá?
Cando estudiaba en Cataluña, alá pola época da dictadura franquista, na Universidade había clases en castelán e en catalán. Podíamos asistir á que quixéramos, e a pesares das dificultades que para un galego supuña asistir a clases en catalán, esa foi a miña decisión porque me seduciu a idea de aprender ou entender o catalán.
Paréceme normal que cada quen estea acariñado co curruncho onde naceu, e ese amor polo seu pobo, zona ou como queiramos chamalo debe estimularse porque non só é o idioma, senón tamén unha cultura e unhas características peculiares e propias que se deben manter fronte á globalización. A longo prazo todo desaparecerá, porque as linguas maioritarias tamén morren: aí temos o exemplo do latín que foi a lingua dun dos maiores imperios da historia. Sen embargo morreu deixando detrás de sí a moitas linguas fillas.
Pero tampouco se trata de plantarlle batalla á globalización. Sexamos globais pero con idiosincrasia.
Porque realmente somos cidadáns do mundo global e as fronteiras son algo ficticio que cambia ao longo da historia. Precisamente para que algúns poidan vivir ás costas dos cidadáns coa disculpa de que os gobernan e protexen. Os ecosistemas non teñen barreiras reais senón límites imaxinarios. Xa o dicía a canción de Soledad Bravo:

Entre tu pueblo y mi pueblo
hay un punto y una raya (bis).
La raya dice no hay paso
el punto vía cerrada (bis).

Y así entre todos los pueblos
raya y punto, punto y raya (bis).
Con tantas rayas y puntos
el mapa es un telegrama (bis).

Caminando por la vida
se ven ríos y montañas (bis)
se ven selvas y desiertos
pero ni puntos ni rayas (bis).

Porque estas cosas no existen
sino que fueron trazadas (bis).
Para que mi hambre y la tuya
estén siempre separadas (bis).
(Soledad Bravo – Punto y raya)



11 Punto y raya.mp...

Sinto non haber atopado a versión orixinal.