sábado, 22 de mayo de 2010

Outro mal estudiante xenial

Craig Venter acadou a fama por descubrir a secuenciación do xenoma humano. Estes días acaba de publicar outro gran avance na Bioloxía: sintetizou o xenoma dunha bacteria e introduciuno noutra logrando así unha bacteria con xenoma sintético. Agora o seu obxectivo é crear vida artificial: unha bacteria totalmente sintética.


Estes descubrimentos estano a converter na figura máis importante da investigación científica en Bioloxía e as perspectivas prácticas dos seus traballos son impredecibles, incluso tamén desde o punto de vista negativo polo mal uso que se podería facer destes avances científicos.
O caso é que, ao igual que os maiores xenios da humanidade, foi un mal estudiante que retomou os estudios ao regreso da guerra de Vietnam impresionado polo que alí viviu.
Estou a considerar a hipótese de que os grandes cerebros maduran lentamente, en tanto que o sistema educativo só valora aos que maduran prematuramente.
O cerebro dos monos madura moito máis rápido que o dos humanos e por iso non acadan o mesmo grao de intelixencia.
De momento é unha hipótese que aquí deixo por se alguén quere confirmala ou rebatila mediante a aplicación do método científico.
Quizais si conseguimos retrasar a madureza cerebral dos monos, ¿estes poderían acadar unha intelixencia parella coa humana? De ser certa a miña hipótese, ¿non se poderían lograr seres humanos máis intelixentes retrasando a madureza cerebral?
Pero o que parece evidente é que expulsar do sistema educativo ao alumnado con dificultades de aprendizaxe non semella unha medida intelixente. Exemplos que o demostran abundan.

No hay comentarios: