miércoles, 14 de noviembre de 2007

Recortables para Bioloxía e Xeoloxia

Na web El Profe de Ciencias comecei a colocar unha colección de imaxes recortables para construir os elementos dos temas tratados na clase.
Nestes momentos pódense baixar A célula animal, a célula vexetal , o aparello dixestivo e o corazón que tamén se poden baixar pinchando nos enlaces correspondentes deste blog.
En Amago, unha páxina xaponesa, hai recortables para facer unha colección de troitas en papel de diferentes especies e en tres dimensións.

No hay comentarios: