jueves, 22 de mayo de 2008

A degradación do sistema educativo español

A LOE elimina as Ciencias, tanto Bioloxía e Xeoloxía como Física e Química, do sistema educativo.
Tal é o caso que na opción científica de 4º de ESO o alumnado pode ter soamente 2 horas semanais (poden escoller entre Física e Química ou Bioloxía e Xeoloxía) ou un máximo de 4 horas se escollen as dúas. Ampliar información.
É dicir, que na opción científica ten tanto ou máis peso a relixión como as Ciencias.
Paréceme patético que se pretenda impartir unha ciencia experimental (prácticas incluídas) con dúas horas semanais e ao mesmo tempo acadar unha apretada programación.
Claro está que, dados os bos resultado do Informe Pisa para Ciencias Naturais en España, os profesores destas áreas saen moi ben cualificados e os teóricos da programación deben considerarnos moi capacitados. De tódolos xeitos, paréceme que o que imos conseguir son uns analfabeto científicos.
E eso considerando que as ciencias son imprescindibles para unha cultura que permite coñecer o propio corpo, interpretar as enfermidades que nos afectan, os problemas ambientais, o mundo que nos rodea, a importancia dunha alimentación sana, a propia sexualidade, os problemas da drogadicción, a problemática ambiental, o desenvolvemento tecnolóxico, ..., é dicir, unha cultura científica é fundamental para acadar unha vida sana e equilibrada e incluso disfrutar da Naturaleza como calidade de vida.
Nun mundo caracterizado polo desenvolvemento social gracias aos avances científicos resulta irónico que as Ciencias teñan tan pouca importancia na formación cultural do pobo español.
Para dúas horas semanais, creo que o mellor sería eliminar totalmente as ciencias do sistema educativo xa que acadarán uns coñecementos sesgados e inapropiados para o seu futuro como persoas adultas. É preferible un descoñecemento total a un coñecemento parcial e deficiente que pode levar a erros e falsas interpretacións.
Negarlle estes coñecementos ás xeracións futuras paréceme un delito.
Como profesor síntome defraudado por participar nun sistema que non ten como finalidade a formación intelectual das persoas senón de constituir un mero trámite burocrático para conceder títulos académicos que non serven para nada, só teñen a finalidade burocrática de seleccionar os individuos que poden continuar estudios profesionais.
Máis información.

No hay comentarios: