sábado, 15 de marzo de 2008

Tes dislexia?

A dislexia afecta a un 10 % da poboación. De acordo con estas estatísticas, en cada aula debería de haber entre 2 e 3 alumnos con este problema de aprendizaxe.
O caso é que hai institutos enteiros que non teñen ningún caso de dislexia recoñecido. Resulta máis cómodo votarlle a culpa dos fracasos escolares aos alumnos (son vagos, molestan na clase) que ter quie aplicar medidas de atención á diversidade (os profes tamén somos un pouco vagos).
En internet hai moitos traballos sobre a dislexia. Neste traballo sinálanse cales son os síntomas da dislexia. Se observas que pode ser o teu caso sería recomendable que consultaras co servicio de orientación ou con teus pais, se non che fan caso no instituto (é un problema para todos ter casos de dislexia). Teus pais poden poñerse en contacto coa Asociación de dislexia de Galicia que está reclamando que se atenda aos alumnos con este problema.
Os disléxicos soen ser rapaces moi intelixentes que vendo que non rinden, non por culpa deles, senón porque non se empregan métodos de ensino adecuados, optan por desconectar na clase.
A asociación de disléxicos de Galicia aínda non posúe páxina web porque é unha asociación aínda nova; pero as persoas interesadas poden presentar as súas opinións nos comentarios e podo poñelas en contacto coa Asociación.

No hay comentarios: