jueves, 8 de noviembre de 2012

Materiais para alumnado con necesidades educativas especiais

O CEP de Villamartín, en Cadiz, ten elaborados materiais para traballar co alumnado con necesidades educativas:

jueves, 19 de abril de 2012

O ensino 2.0

sábado, 14 de enero de 2012

Unidades didácticas interactivas

Elaborar as unidades didácticas para empregalas no encerado dixital é unha actividade creativa, pero leva o seu tempo.

Para facilitarnos este traballo, o MEC pon a disposición do profesorado o Proxecto Biosfera con tódalas unidades correspondentes ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, tanto para ESO como para Bacharelato. Poden ser de gran utilidade tanto para os profesores como para os alumnos. O único problema é que están en castelán e algunhas das materias teñen que ser impartidas en galego.

De tódolos xeitos podemos recomendarllas ao alumnado como material de reforzo.

Existen materiais similares para outras materias:

lunes, 5 de diciembre de 2011

Twitter para docentes

No blog de TotemGuard hai unhas interesantes subxerencias sobre a utilidade do emprego de Twitter para os profesores.

martes, 29 de noviembre de 2011

Tipos de alumnos

A aula é un ecosistmema no que cada elemento desempeña un rol ou función. É o que en ecoloxía se coñece como nicho ecolóxico.
Ainda que cambien os individuos, é imprescindible que existan elementos que desempeñen as diferentes funcións para que o ecosistema sexa completo. A única variabilidade posible é o número de individuos que desempeñan as diferentes funcións.
Nesta presentación recóllense, dun xeito bastante efectivo, os diferentes roles ou funcións que teñen que desempeñar os elementos da clase.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Premio á elaboración de recursos educativos dixitais

Concedéronnos un premio pola elaboración de recursos educativos dixitais.
A información recóllese na Web da Consellería de Educación.
O noso traballo é unha unidade didáctica sobre a atmosfera terrestre para Ciencias Naturais de primeiro de ESO que pronto vai a estar a disposición do profesorado entre os recursos Abalar.
Esta é a imaxe de familia dos premiados xunto ao Conselleiro, o Director Xeral de Educación e a Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.


A noticia foi publicada no número 246 de "A escola do Faro" (de Vigo) do 13 de decembro de 2011.

viernes, 14 de octubre de 2011

Ano internacional dos bosques


Xa que a ONU declarou o ano 2011 como o ano internacional dos bosques, nada mellor que ver a primeira animación premiada con un Oscar.