Estes últimos meses andan as Comisións Pedagóxicas dos institutos intentando organizar a introducción das competencias básicas como un elemento fundamental do currículo educativo, xa que como case todos sabemos, a avaliación que ata o de agora se facía sobre os obxectivos tendo como referencia os criterios de avaliación deberase facer a partir de agora a través das competencias básicas. As competencias son o conxunto de coñecementos (contidos conceptuasis), destrezas (contidos procedementais) e actitudes (contidos actitudinais) necesarios para a realización persoal a través do currículo (obxectivos) que se avalían indirectamente a través dos criterios de avaliación. Moitos profesores xa avaliabamos competencias específicas de cada área. Agora tamén temos que avaliar as competencias correspondentes a outras áreas e incluso transversais a todas as áreas. De tódolos xeitos estamos algo, pouco ou moi desorientados sobre a metodoloxía de incorporación ao currículo. O Departamento de Educación do Goberno Vasco elaborou un documento clarificador: "Las competencias básicas en el sistema educativo"
Tamén o Centro do Profesorado de Linares, da Junta de Andalucía ten unha serie de documentos moi interesantes para axudarnos nesta tarefa.
Polo menos eso é o que se establece en toda a normativa desde que se ampliou o ensino obrigatorio ata a secundaria. Polo tanto non se trata de seleccionar aos mellores, senón de axudar a todos. Vexamos o que di un experto:
José Moya Otero é profesor de Métodos de investigación e diagnóstico en Educación da Universidade de Las Palmas. Ten varias publicacións sobre investigación e métodos de ensino.
A normativa educativa establece que a avaliación no sistema educativo debe realizarse sobre os obxectivos e as competencias básicas. Para avaliar os obxectivos veñen sinalados os criterios de avaliación no deseño curricular. O que temos que facer é relacionar eses criterios de avaliación das diferentes áreas coas competencias básicas. ¿Como se fai esto? Buscando as fontes de información máis adecuadas: as que aportan datos sobre a resolución de tarefas. Por exemplo, se un alumno fai un traballo en Power Point estamos avaliando tamén as competencias lingüística e dixital. Se ademáis o traballo require a interpretación dunha gráfica estatística tamén avaliamos a competencia matemática e se por riba o fixo en grupo e o teñen que expoñer tamén avaliamos a súa competencia social. Como para elaborar este traballo tivo que leer varios textos, tamén estamos avaliando as súas competencias lingüística e de capacidade de aprender. Como tivo que deseñar o traballo con gráficos tamén estamos avaliando a competencia artística. Por último, se no traballo se establecen relacións espacio temporais ou observacións experimentais, estaremos avaliando a competencia sobre coñecemento e interación co mundo físico. Polo tanto cunha única fonte de información podemos avaliar os obxectivos en función dos criterios de avaliación e as oito competencias básicas. Así de sinxelo. Vexamos un vídeo:
As competencias adquírense a través de tarefas que movilicen tódolos recursos persoais (coñecementos, habilidades, actitudes e experiencias) para resolver un problema enmarcado nun contexto e empregando tódolos saberes dispoñibles. Neste documento indícase como elaborar esas tarefas, e nesta presentación a estructura das tarefas.
A moción foi proposta pola senadora popular María José Nicolás e foi aprobada por unanimidade por tódolos grupos parlamentarios. Plantéxase elaborar un Plan de Formación do profesorado de primaria e secundaria co fin de adoptar estratexias metodolóxicas adecuadas a estes alumnos e introducir materiais de traballo que faciliten a aprendizaxe dos disléxicos. A senadora María José Nicolás afirma que o profesorado é o suxeito clave para evitar o fracaso escolar derivado da dislexia e que actualmente os profesores ou non teñen medios ou carecen da formación necesaria. Pola súa banda, o Partido Popular pediulle ao Ministerio de Educación que non se agoche baixo a escusa das transferencias e que ofreza programas de formación permanente do profesorado xa que o Ministerio ten a obriga de orientar a educación de acordo coa normativa vixente. Información da prensa escrita. Documento aprobado polo Senado español.