jueves, 26 de marzo de 2009

O Senado español aproba por unanimidade axudar aos alumnos con dislexia

A moción foi proposta pola senadora popular María José Nicolás e foi aprobada por unanimidade por tódolos grupos parlamentarios.
Plantéxase elaborar un Plan de Formación do profesorado de primaria e secundaria co fin de adoptar estratexias metodolóxicas adecuadas a estes alumnos e introducir materiais de traballo que faciliten a aprendizaxe dos disléxicos.
A senadora María José Nicolás afirma que o profesorado é o suxeito clave para evitar o fracaso escolar derivado da dislexia e que actualmente os profesores ou non teñen medios ou carecen da formación necesaria.
Pola súa banda, o Partido Popular pediulle ao Ministerio de Educación que non se agoche baixo a escusa das transferencias e que ofreza programas de formación permanente do profesorado xa que o Ministerio ten a obriga de orientar a educación de acordo coa normativa vixente.
Información da prensa escrita.
Documento aprobado polo Senado español.

domingo, 1 de febrero de 2009

lunes, 12 de enero de 2009

Alumnos que necesitan comprensión

A dislexia é unha dificultade na lecto-escritura que, para a desgracia dun 10 % do alumnado, é o código empregado no sistema educativo. Esta dificultade facilmente superable cando se detecta a tempo e se aplican as medidas de atención á diversidade é, sen embargo, o motivo do fracaso escolar xa que se procura evitar a súa detección e recoñecemento porque rompe a rutina do profesorado e demostra a imperfección do emprego dun único método de ensino: os profesores non queren modificar o seu método infalible para o alumnado que non ten problemas de aprendizaxe.
Se un 10 % do alumnado fracasam por ser disléxicos, eso significa que a terceira parte (un 35 %) podería recuperarse se o profesorado se esforzara un pouco por adaptar os seus métodos de ensino aos sistemas de aprendizaxe destes rapaces. Noutros países así o fan, logrando non só diminuir considerablemente o índice de fracaso escolar senón tamén formar a grandes científicos e tecnólogos: Neston, Einstein, Billy Gates, Tomás Edison, ... foron disléxicos. Pero España é o país co maior índice de fracaso escolar da Unión Europea e parece ser que nos gusta ocupar este lugar. Precisamente é nas letras onde os informes Pisa nos sitúan en peor lugar; pero téndese a votarlle a culpa aos alumnos e non aos métodos de ensino.
Sen embargo tamén hai profesoras e profesores que entenden que a principal función dun docente é a formación do seu alumnado. Como exemplo esta páxina dunha profesora, Josefina Herrera do IES Los Remedios, da localidade de Ubrique (Cádiz) onde se trata a problemática das dificultades específicas de aprendizaxe e se recopila unha serie de orientacións pedagóxicas para evitar a discriminación destes rapaces e rapazas que, polo xeral, son intelixentes e creativos. Claro que todo esto é de nula utilidade para os profesores que posúen un método único e infalible.


jueves, 4 de diciembre de 2008

viernes, 28 de noviembre de 2008

Eliminar as normas de ortografía

Esta é unha proposta do académico e escritor Gabriel García Márquez que xa foi proposta no primeiro Congreso Internacional da Lingua Española celebrado en Zacatecas (México) en 1997.
O tema foi recuperado no XIII Congreso da Asociación das Academias da Lingua Española.
Como resultado estanse a elaborar novas normas de ortografía.
Segundo informa El País, o director da Academia Chilena da Lingua, Alfredo Matús, estes cambios estanse a facer con moita cautela porque hai que ser respectuosos coa tradición, máis ainda cando non hai estudios científicos que demostren que a actual ortografía distorsione a aprendizaxe do idioma.
Gabriel García Márquez propuxo a desaparición do hache, a unificación dos bes e os uves, j e g, etc. Deste xeito non acontecería o ridículo que tivo que soportar a ministra de educación cando lle entregaron a carteira do seu ministerio e que está recollido no seguinte vídeo. Atención ao texto dourado na carteira que intenta tapar a ministra saínte cando se percatou do erro ortográfico.



Dí Antonio Casto que penalizar a un disléxico ou a un disgráfico polas súas faltas de ortografía é como poñerlle unha zancadilla a un coxo polo feito de ser coxo. Tamén dí que "a calidade dun escritor é a calidade do seu pensamento e ninguén comete faltas de ortografía cando pensa".
De feito hai escritores famosos disléxicos como o premio Nóbel Juan Ramón Jiménez e a escritora de "bestsellers" Agatha Christie. Tamén foron disléxico os escritores Bernard Shaw, Kipling, Hans Christian Andersen, Ernest Hemingway, ...
Tamén citar aos máis importantes científicos: Newton, Einstein, Edison, Galileo, Darwin, Pasteur, Ramón y Cajal, ...
Porque, como tamén dí o escritor Antonio Castro:
"La sabiduría y la soberbia están totalmente reñidas, y el sabio necesariamente ha de ser humilde y tolerante. El que escribe debe poner mucho de su parte, porque lo que escribe va destinado a muchos, pero si el que lee no pone nada de la suya, será difícil que asimile gran cosa, porque el sabio aprende incluso de necio, pero el necio no aprenderá ni siquiera del sabio."
O actual sistema educativo español discrimina aos disléxicos. Ben é certo que non todos son lumbreras; pero por se acaso, hai que evitar que ningún disléxico chegue a destacar porque non podemos permitir que haxa grandes pensadores que escriban con faltas de ortografía. Os españois somos soberbios e consideramos que é mellor un texto literariamente perfecto na súa forma que un bo pensamento ou idea. Ademáis as ideas son perigosas: poden incluso propoñer o cambiar a ortografía.

lunes, 17 de noviembre de 2008

jueves, 6 de noviembre de 2008

A roda dos alimentos

Actividade interactiva sobre a roda dos alimentos.