Na antigüidade mesturábanse a ciencia, a maxia e a relixión. Os druidas celtas eran os coñecedores das propiedades medicinais das plantas que empregaban para curar e realizar feitizos, do movemento dos astros para predicir o futuro e as estacións do ano para planificar os cultivos. Ao tempo,
encargábanse da comunicación cos deuses e os mortos.
Os coñecementos científicos axudáronlle aos pobos a resolver os problemas cotiás: plantas medicinais para curar, emprego dos minerais para fabricar ferramentas e armas, hábitos dos animais para mellorar a caza,...
Os alquimistas eran unha mestura de magos e científicos que fixeron moitos descubrimentos de química intentando atopar a pedra filosofal que, en teoría, permitiría curar as enfermidades e converter calquera material en ouro.
Hoxe sabemos que non existe a pedra filosofal; pero os coñecementos científicos permítennos curar enfermidades, transplantar órganos defectuosos, elaborar productos sintéticos que non existen de forma natural.
Pero a ciencia tamén é maxia. Acaso non é maxia cando falamos con outra persoa que se atopa no outro extremo do mundo mentras vemos a súa imaxe no teléfono móbil? As súas verbas e a súa imaxe están aquí.
Mirade! Ali! Naquela esquina está Messi marcándolle un gol ao Madrid. No vedes? Claro! os nosos 6 órganos dos sentidos non nos permiten ver esa imaxe nin escoitar o que pasa. Pero a ciencia permítenos fabricar aparatos capaces de captar esa imaxe empregando un televisor.
Coa ciencia faise maxia; pero coa maxia non se fai ciencia porque a maxia son trucos científicos que enganan aos nosos órganos dos sentidos para facernos percibir o que non existe.
A ciencia emprega o método científico para atopar unha explicación demostrable aos acontecementos da Natureza,
Actualmente a ciencia forma parte do acervo cultural da humanidade e é . Dí o currículo da LOMCE que a "o desenvolvemento social, económico e tecnolóxico dun
país, a súa posición nun mundo cada vez máis competitivo e globalizado, así como
o benestar da cidadanía na sociedade da información e do coñecemento, dependen
directamente da súa formación intelectual e, entre outros factores, da súa
cultura científica".
A competencia científica permítelle ás persoas empregar probas e argumentos para interpretar os acontecementos da vida cotiá e tomar decisións baseadas no coñecemento científico.
A materia de Cultura Científica
miércoles, 3 de mayo de 2017
domingo, 30 de agosto de 2015
Avaliando por memoria ou por competencias?
A memoria non é unha competencia básica (LOE) nin unha competencia clave (LOMCE); pero é a capacidade máis importante para a avaliación no sistema educativo español.
Para un alumno ou alumna español, e tamén para os seus pais, un exercicio ou proba na que o alumnado teña que relacionar os contidos para obter uns resultados aplicables a situacións da vida real é motivo de reclamación porque:
- O profesor non o explicou na clase.
- Non ven no libro exactamente exposto tal e como se pide no exame.
E claro, así o alumno non puido memorizar a resposta.
No artigo de Ángel Carracedo "Charlando sobre sistemas educativos" sintetízase a situación actual do noso sistema educativo, a pesares de que as múltiples lexislacións educativas coincidan na avaliación por competencias sen incluír a memoria como competencia.
Fíxome gracia que as opinións do profesor inglés coincidiran coas miñas. Ademáis, e ainda que estou dacordo co proxecto lector, creo que tal e como se está a aplicar non se está promovendo a lectura porque para avaliala o alumnado non ten que ler o libro: Teno que chapar!
Engado o enlace ao artigo de Ángel Carracedo que me pareceu interesante:
miércoles, 15 de abril de 2015
sábado, 19 de julio de 2014
Un novo modelo de ensino é posible
"A educación debe pasar da tradicional a unha máis moderna e divertida, que non sexa memorizar senon razoar, que nos ensine inclusive cando estamos sabendo e cando non, para cometer menos erros"
Carlos Slim, magnate mexicano e a persos máis rica do mundo neste momento.
Carlos Slim, magnate mexicano e a persos máis rica do mundo neste momento.
Etiquetas:
aprendizaxe,
educación,
enseñanza,
Ensino,
frases,
necesidades educativas,
tecnicas de estudio,
tic
martes, 4 de marzo de 2014
Recursos educativos
Interesantes recursos educativos para o ensino das Ciencias:
- Recursos de Ciencias.
- BioXeo.
- Como enseñar ciencias. Interesante documento en pdf sobre metodoloxía didáctica.
Etiquetas:
didactica,
educativos,
Ensino,
metodologia,
metodoloxia,
recursos
domingo, 19 de enero de 2014
viernes, 27 de diciembre de 2013
Cómo dar clase aos que non queren.
Interesante proposta durante unha clase do master para profesores
Suscribirse a:
Entradas (Atom)