lunes, 30 de marzo de 2009

O ensino obrigatorio non é selectivo

Polo menos eso é o que se establece en toda a normativa desde que se ampliou o ensino obrigatorio ata a secundaria. Polo tanto non se trata de seleccionar aos mellores, senón de axudar a todos. Vexamos o que di un experto:



José Moya Otero é profesor de Métodos de investigación e diagnóstico en Educación da Universidade de Las Palmas. Ten varias publicacións sobre investigación e métodos de ensino.

Como se avalían as competencias básicas

A normativa educativa establece que a avaliación no sistema educativo debe realizarse sobre os obxectivos e as competencias básicas. Para avaliar os obxectivos veñen sinalados os criterios de avaliación no deseño curricular. O que temos que facer é relacionar eses criterios de avaliación das diferentes áreas coas competencias básicas.
¿Como se fai esto?
Buscando as fontes de información máis adecuadas: as que aportan datos sobre a resolución de tarefas.
Por exemplo, se un alumno fai un traballo en Power Point estamos avaliando tamén as competencias lingüística e dixital. Se ademáis o traballo require a interpretación dunha gráfica estatística tamén avaliamos a competencia matemática e se por riba o fixo en grupo e o teñen que expoñer tamén avaliamos a súa competencia social. Como para elaborar este traballo tivo que leer varios textos, tamén estamos avaliando as súas competencias lingüística e de capacidade de aprender. Como tivo que deseñar o traballo con gráficos tamén estamos avaliando a competencia artística. Por último, se no traballo se establecen relacións espacio temporais ou observacións experimentais, estaremos avaliando a competencia sobre coñecemento e interación co mundo físico.
Polo tanto cunha única fonte de información podemos avaliar os obxectivos en función dos criterios de avaliación e as oito competencias básicas. Así de sinxelo.
Vexamos un vídeo:



http://www.estudiaroposiciones.com/programacion/documentos/actividades.doc



As competencias adquírense a través de tarefas que movilicen tódolos recursos persoais (coñecementos, habilidades, actitudes e experiencias) para resolver un problema enmarcado nun contexto e empregando tódolos saberes dispoñibles. Neste documento indícase como elaborar esas tarefas, e nesta presentación a estructura das tarefas.

jueves, 26 de marzo de 2009

O Senado español aproba por unanimidade axudar aos alumnos con dislexia

A moción foi proposta pola senadora popular María José Nicolás e foi aprobada por unanimidade por tódolos grupos parlamentarios.
Plantéxase elaborar un Plan de Formación do profesorado de primaria e secundaria co fin de adoptar estratexias metodolóxicas adecuadas a estes alumnos e introducir materiais de traballo que faciliten a aprendizaxe dos disléxicos.
A senadora María José Nicolás afirma que o profesorado é o suxeito clave para evitar o fracaso escolar derivado da dislexia e que actualmente os profesores ou non teñen medios ou carecen da formación necesaria.
Pola súa banda, o Partido Popular pediulle ao Ministerio de Educación que non se agoche baixo a escusa das transferencias e que ofreza programas de formación permanente do profesorado xa que o Ministerio ten a obriga de orientar a educación de acordo coa normativa vixente.
Información da prensa escrita.
Documento aprobado polo Senado español.