domingo, 30 de marzo de 2008

miércoles, 26 de marzo de 2008

Métodos de ensino



Sabemos demasiado

Os profesores do sistema educativo español sabemos moito. De feito tivemos que aprobar unha oposición e estamos preparados para dar clases a nivel universitario. Por eso non nos damos conta de que estamos formando a rapaces. Non sabemos situarnos ao nivel mental dos nosos alumnos.
Aos rapaces non lles queda máis remedio que adaptarse aos profesores, demostrando así a súa capacidade de adaptación; pero o problema preséntase cando un alumno ten necesidades educativas especíais de aprendizaxe. O profesor incapaz de adaptarse ao alumno forza a súa discriminación para que deixe os estudios. O nosos sistema educativo discrimina aos alumnos que non son capaces de adaptarse ao método educativo de algúns profesores.
Claro que tamén hai profesores que adaptan os seus métodos educativos aos sistemas de aprendizaxe dos alumnos e aplican a atención á diversidade; pero esto é algo que se aprende coa experiencia.
A LOE incorpora a obligación de aplicar a atención aos alumnos con necesidades educativas específicas, e considera que a avaliación ten como finalidade a detección das deficiencias formativas para aplicar as correspondentes medidas de reforzo.

A enfermidade silenciosa

Con este nome coñécese a dislexia, unha discapacidade que afecta a rapaces cun elevado coeficiente intelectual; pero que provoca unha disfunción lectora que, se non se da con bos profesores, leva ao fracaso escolar a quen a padece.
O pasado día 13 de marzo, o diario "El país" publicou un interesante artigo titulado "¿Tal vez tu hijo es disléxico y nadie lo sabe?" .
Resalto, a continuación, algúns textos do artigo:
"Si Bill Gates hubiera estado escolarizado en España el mundo tal vez no concocería Windows".
"El 3 % de los fracasados escolares son disléxicos ... y se les hace pasar por vagos e ignorantes".
"En los artículos 71 y 72 de la LOE se exige a las comunidades autónomas que dispongan de los medios y recursos necesarios ... en caso de incumplimiento, los ciudadanos pueden poner una denuncia".
Baleares introdujo la Selectividad para disléxicos ... en Canarias los profesores les leen las preguntas y les dejan más tiempo en los exámenes ... y se forma a los profesores ... En el País Vasco se está formando una comisión técnica para dar respuesta a la dislexia".
"El futuro de los alumnos con dislexia queda supeditado a que la fortuna le permita ingresar en un colegio que disponga de espacialistas".
O País xa publicou un reportaxe sobre a dislexia o 29 de xaneiro de 2007 baixo o título "Aunar esfuerzos para diagnosticar la dislexia", no que se recoñece que o sistema educativo debería ser máis flexible na atención dos rapaces disléxicos, e tamén se afirma que o Departamento de Educación de Cataluña recoñeceu unha modificación curricular para os disléxicos que cursen o bacharelato.
España é un dos países nos que as autoridades educativas pechan os ollos ante este problema porque, en definitiva, é máis cómodo para o profesorado ter alumnos vagos que disléxicos.

Webquest sobre "Os receptores sensoriais"

Elaborei esta webquest sobre os órganos sensoriais para as clases de Bioloxía e Xeoloxía de 3º de ESO
Acceder á webquest

domingo, 16 de marzo de 2008

Frases de Bertrand Russell para pensar



Fai algúns días escoitei na radio esta frase de Bertrand Russel: "Sendo neno tiven que abandoar provisionalmente a miña educación para ir á escola".
Estiven buscando a frase en internet porque me interesaba coñecela textualmente e din con algunhas outras frases moi interesantes, como esta: "Gran parte das dificultades polas que atravesa o mundo débense a que os ignorantes están completamente seguros e os intelixentes cheos de dúbidas".
Esta frase confirma o que xa dicía Aristóteles moito antes que él: "Só sei que non sei nada".
Quizáis por eso tamén dícía Russell: "Os científicos esfórzanse por facer posible o imposible e os políticos por facer o posible imposible".
Outra frase de Russell sobre a educación é esta: "O ser humano nace ignorante, non estúpido, faise estúpido pola educación".
Bertrand Russell foi un filósofo, matemático e escritor inglés que recibiu o premio Nobel de Literatura en 1950

sábado, 15 de marzo de 2008

Lectura


Tes dislexia?

A dislexia afecta a un 10 % da poboación. De acordo con estas estatísticas, en cada aula debería de haber entre 2 e 3 alumnos con este problema de aprendizaxe.
O caso é que hai institutos enteiros que non teñen ningún caso de dislexia recoñecido. Resulta máis cómodo votarlle a culpa dos fracasos escolares aos alumnos (son vagos, molestan na clase) que ter quie aplicar medidas de atención á diversidade (os profes tamén somos un pouco vagos).
En internet hai moitos traballos sobre a dislexia. Neste traballo sinálanse cales son os síntomas da dislexia. Se observas que pode ser o teu caso sería recomendable que consultaras co servicio de orientación ou con teus pais, se non che fan caso no instituto (é un problema para todos ter casos de dislexia). Teus pais poden poñerse en contacto coa Asociación de dislexia de Galicia que está reclamando que se atenda aos alumnos con este problema.
Os disléxicos soen ser rapaces moi intelixentes que vendo que non rinden, non por culpa deles, senón porque non se empregan métodos de ensino adecuados, optan por desconectar na clase.
A asociación de disléxicos de Galicia aínda non posúe páxina web porque é unha asociación aínda nova; pero as persoas interesadas poden presentar as súas opinións nos comentarios e podo poñelas en contacto coa Asociación.

Concurso do tren


O curso terceiro da ESO B do IES A Basella está participando no concurso "El tren y las energías renovables". O traballo "Un tren de energías renovables" foi admitido como mostra a lista que se pode consultar nesta páxina. O noso traballo é o número 57 dun total de 86 traballos presentados.
Os alumnos están esperando recibir un dos primeiros premios que consistirán nunha consola Wii para cada un. Parece que lles mola máis a consola que as viaxes.
A ver se teñen sorte. Está previsto que se dean a coñecer os gañadores o 10 de abril na mesma páxina do enlace.

jueves, 6 de marzo de 2008

Formulación e nomenclatura de química


En Alonsoformula hai varios exercicios e actividades de formulación e nomenclatura de química.
Con eles pódese aprender a formulación química de forma facil e amena.

domingo, 2 de marzo de 2008

Einstein foi rexeitado polo sistema educativo


Atopei esta curiosa imaxe sobre a infancia de Einstein en MI reino que o representa coas orellas de burro que se empregaban nas antigas escolas.
Por padecer dislexia, o sistema educativo expulsouno como un fracasado escolar e algún profesor moi lucido díxolle que era un vago e un fracasado que era incapaz de integrarse e que non chegaría a nada na vida porque era torpe e retrasado mental.
Hoxe, Einstein é considerado un dos seres humanos máis intelixente que existiu. Unha mente privilexiada que só aparece unha vez cada 200 anos. O seu antecesor, Isaac Newton, tamén tivo os seus problemas co ensino secundario, o mesmo lle ocorreu a Leonardo da Vinci que tamén era disléxico. Está asociada a dislexia cunha gran intelixencia?
A Einstein tampouco lle agradou o sistema educativo nin os seus profesores, dos que gardou un mal recordo, de ahí algunhas das súas famosas frases: "a educación é o que sobra despois de que se olvida o que se aprendeu na escola".
Gracias a axuda do pai e dun tio, que supliron as deficiencias educativas dos seus profesores, pudo entrar na Universidade.
Curiosamente, despois de rematada a carreira traballou como profesor de ensino secundario, sendo expulsado de novo do sistema por empregar métodos considerados heterodoxos.
Por certo, andamos polos 200 anos despois de Einstein e vai sendo hora de que destaque outro disléxico na Ciencia.
Esta imaxe representa moi ben a situación dos disléxicos no sistema educativo: o rapaz agotado mentres os profesores o acosan e se burlan del.