miércoles, 26 de diciembre de 2007

jueves, 20 de diciembre de 2007

Xibraltar é unha chaminea contaminante


Leo con sorpresa en Genciencia que Xibraltar é probablemente o punto da Terra que máis contamina a atmósfera por unidade de superficie.
As emisións de Xibraltar, segundo a fonte sinalada, son de 723.855,878 Tm/km2 e ano, fronte ás 618 de Estados Unidos, as 767 de España ou as 11.756 de Bermudas.
Non me extraña porque xa o petróleo da peor calidade que transportaba o Prestige, e produciu a última marea negra en Galicia, ía dirixido a Xibraltar.
Supoño que os ingleses aproveitan Xibraltar para instalar alí o peor da industria británica.

viernes, 14 de diciembre de 2007

Miniquest sobre a lexislación de vertedoiros


Para acceder á miniquest que elaboramos sobre a lexislación de vertedoiros de residuos pinchar aquí.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Funcionamento do corazón

martes, 11 de diciembre de 2007

Imos afogar

A Voz de Galicia ofrécenos unha actividade que permite ver como quedaría a nosa cidade ou pobo se o nivel do mar segue a subir ao ritmo actual. O nivel do mar xa estivo máis alto que agora noutros tempos xeolóxicos e a pesares da opinión do primo de Rajoy, os científicos asesores da ONU, de maior categoría, din que de seguir emitindo gases con efecto invernadoiro corremos o risco de inundar as nosas principais cidades.
Para que funcione hay que ter instalado o Google Earth.

Así é como quedaría a Ría de Arousa perdendo milímetro a milímetro a súa superficie terrestre.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Presentacion ciclo

jueves, 6 de diciembre de 2007

O sistema nervioso

Informe Pisa completo

O informe PISA (Programa Internacional para a Avaliación dos Alumnos) é unha análise comparativa sobre o nivel educativo nas áreas de matemáticas, comprensión lectora e ciencias.
En este enlace do diario O País pódese baixar o informe Pisa completo en formato PDF.
Os mellores resultados a nivel nacional acadaronse en Ciencias, aínda que estamos por debaixo da media europea: 488 puntos en España fronte aos 500 da Unión Europea. Pero en Galicia superamos a media eropea con 505 puntos.
En matemáticas, Galicia acada prácticamente a media europea con 494 puntos superando a media nacional de 480 puntos
Os resultados non son tan bos en comprensión lectora, se ben Galicia con 479 puntos supera á media nacional de 461 puntos fronte aos 500 da Unión Europea.
Finlandia e Hong Kong lideran a lista cuns 550 puntos.

O informe Pisa

Non é unha broma, pero ...

miércoles, 5 de diciembre de 2007